O Grupo Popular insistirá no Pleno na esixencia para que o Goberno central encargue a construción dun BAM nos estaleiros de Navantia en Ferrol

Santiago, 16 de marzo de 2021.- O Grupo Popular insistirá no Pleno da vindeira semana na esixencia ao Goberno central o encargo da construción dun buque de acción marítima (BAM) para a Armada Española que dea carga de traballo inmediata nos estaleiros de Navantia en Ferrol. Así mesmo, solicitará ao Goberno de España a redución do IVE do 21 ao 10 por cento en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física.

Continue reading

Pazos cualifica de “escandaloso” que o PSdeG “esixa no Parlamento a mellora da Avenida Mendiño de Redondela, cando desde o Concello e o Ministerio torpedearon esta obra durante meses”

Santiago, 16 de marzo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos cualificou de “escandaloso” que os deputados socialistas “se atrevan a esixir no Parlamento a sinatura inmediata do convenio para a remodelación da Avenida Mendiño de Redondela, cando tanto o Concello como o Ministerio de Transición Ecolóxica gobernados polo PSOE torpedearon esta actuación durante meses”.

Continue reading

Pedro Puy critica que para o Goberno central “sempre aparece algún criterio que fai que Galicia reciba por baixo do que lle corresponde”

Santiago, 15 de marzo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe, ao cumprirse un ano do primeiro confinamento motivado pola expansión da Covid-19, que a situación actual da pandemia “nos pode facer sentir tranquilos sobre a evolución futura, responsables seguindo as indicacións dos expertos e satisfeitos porque o proceso se poida desenvolver ben pola profesionalidade do persoal sanitario, a capacidade de organización da administración e o propio civismo da sociedade, que acode ás vacinas dun xeito responsable e sen incidentes”.

Continue reading

O Grupo Popular solicita que a modificación da LOREG inclúa un sistema para facilitar o voto dos mariñeiros embarcados

Santiago, 13 de marzo de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei a través da que traslada ao Goberno de España a necesidade de incluír na modificación da LOREG o establecemento dun sistema que permita aos mariñeiros embarcados durante un proceso electoral exercer o seu dereito ao voto con todas as garantías.

Continue reading