O Parlamento aproba impulsar a Lei de recuperación de terra agraria de Galicia promovendo proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural e o impulso das agrupacións forestais

Santiago, 27 de maio de 2022- A Comisión 7ª do Parlamento de Galicia aprobou hoxe sendas iniciativas do Grupo Popular encamiñadas a impulsar a Lei de recuperación de terra agraria de Galicia, coa promoción dunha nova convocatoria de axudas para proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural na que se valore de xeito prioritario os proxectos que impulsen os instrumentos de recuperación de terra agraria, e impulsar as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo creadas a través, entre outras, desta Lei.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central medidas que dean seguridade e solucións aos concellos que ven anulado o seu ordenamento

Santiago, 25 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se apoia o Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico asinado por 14 gobernos autonómicos no marco do Encontro Xacobeo 21-22 por un urbanismo responsable e que, entre outras medidas sinala a necesidade de que o Goberno central impulse medidas lexislativas para ofrecer maior seguridade xurídica e, en particular, promover solucións á problemática á que se enfrontan os concellos no momento no que se anulan os seus instrumentos de ordenación.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España que protexa ao sector pesqueiro da ameaza de instalacións eólicas mariñas

Santiago, 25 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España que atenda ao contido do Manifesto de Burela na defensa do sector pesqueiro do Cantábrico Noroeste e protexa o sector pesqueiro da ameaza que suporía a localización de instalacións eólicas mariñas en caladoiros e espazos dedicados a actividade pesqueira, e, en consecuencia, garantir a súa coexistencia coas actividades pesqueiras, sempre que sexa posible dita coexistencia, sen afectar o ecosistema mariño e as activades pesqueiras.

Continue reading

O Parlamento galego pide ao Goberno central que retire a obriga de cotizar como autónomo ás persoas con determinados ingresos agrarios

Santiago, 25 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que restableza o réxime de excepcións vixente desde o ano 2015 que excluía da obriga de cotizar como autónomo a aquelas persoas que teñan ingresos como titulares de explotacións agrarias cando non superen determinados limiares de renda e rendemento económico.

Continue reading

Paula Prado afirma que o PPdeG volveu demostrar no Congreso a súa unidade, ilusión, preparación e motivación para seguir ganando

Santiago, 23 de maio de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, amosou hoxe a “satisfacción polo resultado e o desenvolvemento” do Congreso que o PPdeG celebrou esta fin de semana en Pontevedra, xa que “foi unha demostración máis da unidade deste partido, cun proxecto definido para que Galicia siga camiñando pola senda do crecemento económico e na mellora das prestacións sociais e sanitarias”.

Continue reading