O Parlamento demanda ás autoridades de Uruguai que garantan a atención sanitaria aos socios da Casa de Galicia e a integridade do patrimonio cultural e artístico desta entidade

Santiago, 20 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se solicita ás autoridades competentes de Uruguai que se tomen todas as medidas necesarias para garantir a protección sanitaria dos socios de Casa de Galicia, así como todas aquelas que, axustadas a dereito, garantan a protección e a integridade do patrimonio cultural, artístico e histórico desta entidade para que permanezan no ámbito da galeguidade no propio país, axudando aos socios na súa adquisición, ou facendo directamente a Administración, no caso de non ser posible outra solución. Ademais, demándase que tanto o Estado como a Xunta continúen coas medidas que correspondan dentro das súas competencias para asegurar a protección socio-sanitaria dos emigrantes galegos.

Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno a revisión dos coeficientes redutores dos traballadores do mar e a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión

Santiago, 19 de abril de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España inicie o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores do mar para acadar a pensión de xubilación, adecuando os mesmos ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola.

Continue reading

Pedro Puy afirma que a nova lei de xestión do ciclo integral da auga garantirá unha prestación de servizos profesional e de calidade

Santiago, 18 de abril de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana debaterá a toma en consideración do proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, “que porá a disposición dos concellos un sistema voluntario para garantir unha prestación de servizos profesional e de calidade”.

Continue reading

O Parlamento aproba o impulso ao plan estratéxico da comarca da Limia e demandas cara a unha maior sustentabilidade da actividade agropecuaria na comarca

Santiago, 13 de abril de 2022- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha iniciativa referida ao impulso do plan estratéxico do sector agrario na comarca da Limia así como a demanda ao Goberno de España da axilización das autorizacións para a construción dos pozos de sondaxe, financiamento para a modernización do regadío, limpeza das canles e camiños, así como adicar fondos europeos Nex Generation para solucionar a problemática da xestión dos xurros nas explotacións gandeira na comarca.

Continue reading

O Grupo Popular solicita ao Goberno central a posta en marcha dun PERTE para o sector cultural

Santiago, 11 de abril de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, acompañado dos deputados populares pertencentes á Comisión de Cultura do Parlamento galego, visitaron esta mañá o Consello da Cultura Galega, onde mantiveron un encontro coa presidenta desta entidade, Rosario Álvarez, e membros da súa Comisión Executiva. Previamente, Puy solicitou ao Goberno central a posta en marcha dun PERTE para o sector cultural, que permita impulsar unha cultura mellor, máis fortalecida e que contribúa á transformación económica e emocional da sociedade; así como a creación de medidas que favorezan o acceso a formatos dixitais de obras en galego e fomentar a lectura dixital de calidade.

Continue reading

O Parlamento galego solicita ao Goberno de España frear a proposta da Comisión Europea que elimina as axudas aos combustibles da pesca

Santiago, 7 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que promova accións dirixidas a frear a proposta da Comisión Europea para a modificación da Directiva sobre Fiscalidade da Enerxía que elimina as axudas aos combustibles do sector pesqueiro namentres non haxa unha posición aprobada no seo da Organización Mundial de Comercio (OMC) ao respecto destas bonificacións.

Continue reading