O Parlamento galego reclama ao Goberno central recursos extraordinarios ás comunidades para atender aos refuxiados de Ucraína

Santiago, 7 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se reclama ao Goberno de España a dotación de recursos extraordinarios a disposición das comunidades autónomas e as entidades locais para unha correcta atención ás persoas desprazadas, así como a promover a súa inclusión social e facilitarlle acceso ao emprego. Así mesmo, demándase que a Xunta cree unha oficina de apoio, asesoramento e acompañamento de persoas refuxiadas e demandantes de asilo que cheguen a Galicia.

Continue reading

O Parlamento solicita a extensión a todos os centros de saúde de Galicia do protocolo de xestión integral da demanda en equipo

Santiago, 5 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se solicita á Xunta que estenda a todos os centros de atención primaria de Galicia, ao longo do presente ano 2022, o protocolo de xestión integral da demanda en equipo (XIDE) no que se dirixen as consultas de xeito directo ao profesional máis axeitado á necesidade do paciente, garantindo así a súa atención en tempos de resposta determinados segundo sexa a necesidade da consulta inmediata, no día ou ordinaria.

Continue reading

O Grupo Popular critica que o PSdeG “esixa en Galicia unha modificación da ratio de persoal nas residencias, mentres o Goberno central pide unha ratio común para toda España”

Santiago, 4 de abril de 2022.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que os socialistas “esixan en Galicia unha modificación da ratio de persoal nas residencias de maiores, mentres o seu Goberno en Madrid nos pide que negociemos unha ratio común para toda España”.

Continue reading