Paula Prado asegura que Galicia é das comunidades máis avanzadas na protección fronte ao uso indebido dos cartos e do patrimonio público

Santiago, 1 de xuño de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou hoxe no Parlamento galego que “os mecanismos de transparencia e de bo goberno en Galicia funcionan con total normalidade e plena operatividade”. “Podemos afirmar que os contrapesos que garanten a protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e fronte ao uso indebido dos cartos ou do patrimonio público son en Galicia dos máis avanzados”, salientou.

Continue reading

O Parlamento pide ao Goberno central un compromiso firme coas infraestruturas transfronteirizas, como o AVE Vigo-Porto

Santiago, 1 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reivindica ao Goberno de España un compromiso firme cos proxectos de cooperación transfronteiriza en materia de infraestruturas estratéxicas como a saída sur de Vigo, o trazado por territorio español do AVE Vigo-Porto, a conexión internacional transfronteiriza entre Macedo de Cavaleiros e A Gudiña, pasando por Vinhais; así como a conexión por estrada entre a AG-31 e a IC-28 pola fronteira da Madalena.

Continue reading

Alberto Pazos demanda a BNG e PSdeG “propostas sensatas e realizables” ante a reunión prevista co Presidente da Xunta o día 6 de xuño

Santiago, 30 de maio de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou hoxe a BNG e PSdeG, ante a reunión convocada polo Presidente da Xunta para o vindeiro 6 de xuño, “propostas sensatas e realizables, lonxe de posturas demagóxicas que só buscan un bo titular pero que carecen dunha base sólida sobre a que levarse adiante”, co obxectivo de levar unha postura común de Galicia á reunión que Alfonso Rueda ten solicitado co Presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Pazos tamén informou da incorporación ao Grupo Popular como deputados de María Belén Salido Maroño e Fernando Pérez Domínguez, en substitución de Alberto Núñez Feijóo e Miguel Tellado.

Continue reading

O Parlamento aproba impulsar a Lei de recuperación de terra agraria de Galicia promovendo proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural e o impulso das agrupacións forestais

Santiago, 27 de maio de 2022- A Comisión 7ª do Parlamento de Galicia aprobou hoxe sendas iniciativas do Grupo Popular encamiñadas a impulsar a Lei de recuperación de terra agraria de Galicia, coa promoción dunha nova convocatoria de axudas para proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural na que se valore de xeito prioritario os proxectos que impulsen os instrumentos de recuperación de terra agraria, e impulsar as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo creadas a través, entre outras, desta Lei.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central medidas que dean seguridade e solucións aos concellos que ven anulado o seu ordenamento

Santiago, 25 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se apoia o Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico asinado por 14 gobernos autonómicos no marco do Encontro Xacobeo 21-22 por un urbanismo responsable e que, entre outras medidas sinala a necesidade de que o Goberno central impulse medidas lexislativas para ofrecer maior seguridade xurídica e, en particular, promover solucións á problemática á que se enfrontan os concellos no momento no que se anulan os seus instrumentos de ordenación.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España que protexa ao sector pesqueiro da ameaza de instalacións eólicas mariñas

Santiago, 25 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España que atenda ao contido do Manifesto de Burela na defensa do sector pesqueiro do Cantábrico Noroeste e protexa o sector pesqueiro da ameaza que suporía a localización de instalacións eólicas mariñas en caladoiros e espazos dedicados a actividade pesqueira, e, en consecuencia, garantir a súa coexistencia coas actividades pesqueiras, sempre que sexa posible dita coexistencia, sen afectar o ecosistema mariño e as activades pesqueiras.

Continue reading