Tellado afirma que a traxectoria e o legado de Rosalía de Castro son unha fonte de inspiración en toda España e un motivo de fondo orgullo para Galicia

Reivindica a figura da autora, símbolo de que a cultura e as linguas unen aos pobos, fronte ao empobrecemento dos nacionalismos excluíntes

O número dous do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor o legado de Rosalía de Castro, que é unha fonte de inspiración en toda España e un motivo de fondo orgullo para Galicia, engadindo tamén que a súa traxectoria é símbolo do mellor da nosa cultura, un punto de encontro e un referente de que as linguas son ferramentas para unir aos pobos, nunca para dividilos.

 

Así se expresaba na ofrenda floral que o partido celebrou en Padrón en homenaxe á gran poeta galega e referente da nosa literatura, conmemorando que esta semana se cumpren 185 anos do seu nacemento. Acompañado polo portavoz parlamentario, Pedro Puy, polos membros da Comisión de Cultura do PPdeG e polo resto de integrantes do Grupo Parlamentario Popular no Parlamento, insistiu en que reivindicar a Rosalía é a mellor forma de homenaxear a cultura galega e española “rica e integradora”.

Tras salientar que os galegos construímos sempre sumando e unindo, lamentou que na última década cobrasen forza en toda España nacionalismos excluíntes, forzas que definen a súa identidade en contraposición ás demais, que para facer valer o propio necesitan atacar o alleo, que levantan muros e que impoñen linguas e pensamentos únicos cunha visión limitada.

Fronte aos que, a un lado e a outro, nos queren empobrecer, Tellado destacou a enorme riqueza dunha Galicia aberta e moderna e dunha España libre e plural das que a autora estaría profundamente orgullosa. Ademais, lembrou que Rosalía,  adiantada ao seu tempo, foi clave no rexurdimento das nosas letras, na recuperación da conciencia galeguista e fundamental no panorama literario do século XIX, rompendo barreiras e demostrando que o galego é unha lingua que pode dialogar en igualdade coas grandes literaturas do mundo.

Pola súa parte, Pedro Puy resaltou que o fundamental de Rosalía é a súa capacidade para unir aos galegos en torno á beleza da súa palabra e dos seus poemas, tanto en galego como en castelán. Nese senso, fixo fincapé na virtude da autora para conectar coa xente, algo que segue vixente: “Ninguén puido expresar mellor que Rosalía os sentimentos universais e atemporais que engarzan coas nosas raíces e co noso pobo”.

O Parlamento galego demanda á Xunta que afonde na promoción da calidade alimentaria galega a nivel nacional e internacional

Santiago, 18 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que insta á Xunta para que continúe afondando na promoción da calidade alimentaria galega por medio do desenvolvemento de actuacións que impulsen a nivel nacional e internacional os produtos galegos de calidade diferenciada.

Continue reading

O Grupo Popular saúda que o PSdeG recoñeza a necesidade de que o Goberno central evite a exclusión financeira dos vulnerables e maiores

Santiago, 18 de febreiro de 2022.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez saudou hoxe na Comisión de Economía do Parlamento galego que os socialistas galegos “por fin recoñeceran a necesidade de que o Goberno central actúe e promova as medidas necesarias para evitar a exclusión financeira e favorecer ás persoas máis vulnerables e, especialmente, de maior idade”.

Continue reading

O Parlamento urxe ao Ministerio de Xustiza a convocatoria das prazas pendentes de persoal nos xulgados galegos

Santiago, 16 de febreiro de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se urxe ao Ministerio de Xustiza que proceda canto antes á convocatoria das prazas correspondentes aos corpos de médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, e mais auxilio xudicial, así como á axilización dos procesos delas dimanantes, co obxectivo de acadar o maior grado de profesionalización posible reducindo a taxa de interinidade na Administración de Xustiza en Galicia.

Continue reading

O Parlamento galego insta ao Goberno de España que revise os coeficientes redutores dos traballadores do mar

Santiago, 15 de febreiro de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno de España a iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos as circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola.

Continue reading

O PPdeG salienta que o Intecmar incrementou o seu orzamento un 50% desde 2013 e conta coa partida máis alta da súa historia para persoal

Santiago, 15 de febreiro de 2022.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita o incremento da dotación orzamentaria para elevar o volume de persoal investigador no centro Intecmar durante o ano 2022, co compromiso de facelo mediante contratación estable que manteña estes postos nos seguintes anos.

Continue reading