O Parlamento galego demanda apoio ao Goberno central no marco dos fondos Next Generation para o proxecto de fábrica de fibras téxtiles

Santiago, 8 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta que dea prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles de España en Galicia, que permitiría pechar o ciclo de produción da madeira nesta Comunidade autónoma, así como que se propicie o seu emprazamento preferentemente na comarca de A Mariña e, se os criterios técnicos non garanten a viabilidade deste emprazamento, na provincia de Lugo.

Continue reading

O Parlamento de Galicia demanda ao Goberno central que se implique activamente nunha solución para reactivar Alu Ibérica en A Coruña

Santiago, 8 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do Grupo socialista, a través da que se pide ao Goberno de España que se implique activamente, co Goberno galego e cos traballadores, en atopar unha solución que permita reactivar a actividade da planta de Alu Ibérica en A Coruña da man dun socio industrial que presente un proxecto sólido e viable que dea continuidade aos empregos. Ademais, pídese a mediación da ministra de Traballo e Economía Social para evitar que o ERTE actualmente vixente poida terminar con recolocacións ou despedimentos.

Continue reading

O Grupo Popular critica a “ousadía” de BNG e PSdeG ao criticar o modelo de xestión de residuos da Xunta, que conta co aval da Unión Europea

Santiago, 8 de febreiro de 2022.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, criticou hoxe no Parlamento galego a “ousadía de BNG e PSdeG ao cualificar de fracaso estrepitoso a política de xestión de residuos da Xunta, cando o modelo de SOGAMA recibiu no seu momento o aval da Unión Europea, coa particularidade de que, anos despois, a Comisión Europea contratou unha auditoría externa do modelo que certificou os notables beneficios do sistema para a Comunidade galega desde a dimensión ambiental, económica e social”.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que o BNG vai por detrás do Goberno galego ao pedir un foro cultural para o reparto dos fondos europeos

Santiago, 8 de febreiro de 2022.- A portavoz de Cultura do Grupo Popular, Teresa Egerique, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “o BNG volva ir por detrás do Goberno galego solicitando un plan de actuación para impulsar a cultura galega no marco dos fondos Next Generation, logo de que a Consellería xa celebrou o pasado 2 de febreiro un foro de traballo e diálogo cos sectores culturais para o reparto destes fondos europeos”.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que en Galicia “non temos unha crise industrial, senón enerxética”

Santiago, 8 de febreiro de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “non temos unha crise industrial, senón enerxética; que non se circunscribe a Galicia, senón que afecta a toda España; e que os principais causantes teñen nome e apelidos: Pedro Sánchez e os seus socios do BNG que o manteñen como presidente do Goberno”.

Continue reading

Pedro Puy avoga por evitar debates extemporáneos sobre a fábrica de fibras téxtiles e demanda apoio do Goberno central a través dos fondos Next Generation

Santiago, 7 de febreiro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou hoxe “evitar debates que non contribúen ao bo éxito” da implantación da primeira fábrica de fibras téxtiles de España en Galicia e demandou ao Goberno central que axilice a tramitación dos fondos europeos Next Generation que contribúan á realización deste proxecto por parte da empresa portuguesa Altri.

Continue reading