Santiago, 23 de novembro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a modificación, impulsada polo Grupo Popular, da Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de xeito que se incorpora a violencia dixital como nova forma de violencia de xénero. “Hoxe damos un paso importante na loita contra a violencia de xénero no ámbito da Comunidade galega, e agardamos que tome nota o Goberno de España e poña en marcha os mecanismos que permitan modificar o Código Penal co fin de perseguir axeitadamente estes delitos que van en aumento”, manifestou a viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado.
O Grupo Popular afirma que a Lei de medidas reaxusta a lexislación para axudar á reactivación económica e recuperar a economía
Santiago, 22 de novembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe que o proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña ao proxecto de Lei de orzamentos da Xunta para 2022 “aporta unha solución importante para captar profesionais de atención primaria a atender así as carencias de persoal; intensifica as políticas de igualdade; reduce a presión fiscal aos sectores máis castigados pola crise; e modifica lexislación para mellorar a execución das políticas de mobilidade, forestais e do medio rural”.
Feijóo reivindica el “modelo PP”, centrado en el crecimiento económico, la gestión responsable y la defensa de los servicios públicos
En su intervención en el Congreso del PP de Andalucía, dice que España merece un Gobierno mucho mejor que el que tiene y que solo los populares son capaces de dárselo a nuestro país
O Parlamento demanda ao Ministerio de Agricultura que permita a plantación de pataca nos concellos con baixa positividade de couza guatemalteca
Santiago, 19 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio do Grupo Socialista, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Agricultura que permita a plantación de patacas naqueles concellos cun número insignificante de positivos e delimitar as zonas de prohibición á parroquia ou parroquias afectadas pola couza guatemalteca.
Tellado reivindica o poder da sociedade civil na loita contra a violencia de xénero
Lembra a importancia do emprego para abrir as portas da liberdade ás mulleres e resalta que contra este tipo de violencia “non valen as siglas, as bandeiras, nin as pancartas”
O Grupo Popular incorpora axudas para a compra de vivenda polos mozos nas súas emendas ás leis de orzamentos e de medidas para 2022
Santiago, 18 de novembro de 2021.- O Grupo Popular incorpora nas súas emendas ao proxecto de orzamentos da Xunta para 2022 e ao proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas unha liña de axudas para a adquisición de vivendas por parte da xuventude e posibilitar unha actualización dos contratos de obras públicas para paliar o impacto da falta de abastecemento e incremento do prezo dos materiais.
Petición de permiso ao Ministerio de Agricultura,Pesca e Alimentación para a plantación de patacas nos concellos cun número insignificante de couza guatemalteca
Iniciativa sobre o traslado por parte da Xunta de Galicia ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación da petición de permiso para a plantación de patacas nos concellos cun número insignificante de couza guatemalteca
O Grupo Popular demanda ao Goberno de España reformas penais urxentes que os datos de criminalidade están a demandar
Santiago, 17 de novembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, considerou “unha prioridade que o Goberno de España poña na axenda lexislativa as reformas penais urxentes que os datos de criminalidade están a demandar”.
Tellado pide que o PSdeG e o BNG se unan aos populares demandando ao Goberno solucións para Alcoa
“Alcoa marcha de España porque non confía na política enerxética do Executivo de Pedro Sánchez”, di na manifestación polo futuro da Mariña
O Parlamento galego pide ao Goberno central a reversión do dominio público portuario cara aos concellos
Santiago, 16 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a traǘes da que se solicita á Dirección General de la Costa y el Mar, dependente do Ministerio de Transición Ecológica y el Reto Demográfico, que considere favorablemente a reversión do dominio público portuario e a posterior desafectación cara aos concellos para que a titularidade dos terreos portuarios reverta nas entidades municipais onde se sitúan os terreos.