Santiago, 16 de novembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe, co voto en contra do PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a reorientación do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR) cara ás necesidades de mellora e avance do sector marítimo-pesqueiro e da cadea mar-industria, con especial incidencia na busca dunha axeitada remuda xeracional e na mellora da competitividade da estrutura produtiva e da protección do medio mariño mediante medidas de cogobernanza co sector.
O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana medidas que beneficien ao sector lácteo galego
Santiago, 16 de novembro de 2021.- O Grupo Popular demandará no vindeiro Pleno ordinario do Parlamento galego que Goberno central e Xunta de Galicia poñan en marcha iniciativas que beneficien ao sector lácteo galego e palíen os incremento dos custes de produción que está a sufrir, como o cumprimento da Lei da cadea alimentaria para que os prezos de venta cubran os custos de produción, a promoción do consumo de produtos galegos, o incremento da base territorial ou a constitución do Observatorio Lácteo Galego.
Pedro Puy avoga porque o Parlamento consensúe un modelo de financiamento nivelador nos recursos e que teña en conta o custo real dos servizos
Santiago, 15 de novembro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque a Comisión de Estudo sobre a reforma do financiamento autonómico, que mañá se constituirá no Parlamento galego logo da solicitude realizada polos tres grupos parlamentarios, “sirva para fixar unha posición de consenso que xire sobre un modelo nivelador total en canto aos recursos e que teña en conta o custo real da prestación dos servizos públicos en todos os territorios”.
Tellado aposta por impregnar de igualdade todas as decisións do PPdeG
Indica que o partido non se conforma con todos os fitos acadados nesta materia e que seguirá traballando de forma transversal “con feitos e non con pancartas”
O PPdeG salienta que a Xunta destina un millón de euros para iniciar en 2022 as obras de control dos vertidos aos ríos Deza e Asneiro
Santiago, 11 de novembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento galego que o Plan de saneamento local do concello de Lalín, redactado por Augas de Galicia, contempla a realización de diversas obras que permitirán controlar de xeito efectivo os vertidos que se están realizando aos ríos Deza e Asneiro.
O Parlamento demanda a posta en marcha de servizos de conciliación laboral e familiar en contornas laborais
Santiago, 11 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o voto favorable de BNG e PSdeG, a través da que se solicita que a Xunta poña en marcha servizos de conciliación en contornas laborais, contando coa implicación do tecido empresarial e cos concellos, co fin de facilitar a conciliación familiar e laboral.
O Grupo Popular incide na aposta do Goberno galego pola sanidade pública en Ourense
Santiago, 11 de novembro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo incidiu hoxe no Parlamento de Galicia na “aposta do actual Goberno galego pola sanidade pública en Ourense, que se traduce no novo edificio de hospitalización e a reforma integral do materno infantil; na licitación do Servizo de Medicina Nuclear; a nova UCI; o novo centro integral de saúde Novoa Santos; a renovación de toda a alta tecnoloxía; ou a dotación dun novo edificio ambulatorio e outro administrativo para seguir avanzando na reforma integral do Hospital de Ourense”.
O Grupo Popular apoia demandar á Xunta que realice plans de formación no Sergas para atender a realidade do colectivo LGTB
Santiago, 11 de novembro de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar plans de formación máis exhaustivos e atendendo á realidade do colectivo LGBT para todas as categorías profesionais dentro do Sergas, garantindo unha información rigorosa e libre de prexuízos.
Aprobado en Comisión do ditame da reforma da lei que recoñece a violencia dixital como unha nova forma de violencia de xénero
Santiago, 11 de novembro de 2021.- A Comisión 5ª do Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade o ditame da proposición de lei de reforma da Lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, impulsada polo Grupo Popular e a través da que se incorpora a violencia dixital como unha nova forma de violencia de xénero.
O Grupo Popular acepta a creación dunha comisión de estudo no Parlamento galego sobre a reforma do sistema de financiamento autonómico
Santiago, 9 de novembro de 2021.- O Grupo Popular aceptou hoxe no Pleno do Parlamento galego a creación dunha comisión de estudo, previo cumprimento dos requisitos regulamentarios correspondentes, para analizar a reforma do sistema de financiamento autonómico, co obxectivo de tela rematada antes de que finalice o actual período de sesións.