Santiago, 21 de outubro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a aproveitar o proxecto de novo edificio ambulatorio do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para renovar e ampliar os espazos asociativos deste centro sanitario, incluíndo no proxecto deste novo edificio espazos de uso común para as actividades das asociacións de pacientes.
O Parlamento galego demanda a reactivación do programa de coidados porta a porta no rural galego
Santiago, 21 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia demandou hoxe á Xunta de Galicia, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, que, na medida que se normalice a situación sanitaria, se reactiven as unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural galego servizos gratuítos como o de oftalmoloxía, podoloxía ou atención ao alzhéimer, co fin de facerlles a vida máis doada sen ter que desprazarse fóra da contorna.
O PPdeG afirma que o novo centro de saúde de Bouzas abrirá as súas portas nas vindeiras semanas
Santiago, 21 de outubro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique afirmou hoxe no Parlamento galego que o novo centro de saúde Bouzas abrirá as súas portas nas vindeiras semanas, “sempre e cando o Concello de Vigo teña a ben tramitar a licenza de primeira ocupación”.
Promoción da contratación colectiva de seguros agrarios na viña
Actuacións para promover a contratación colectiva de seguros agrarios na viña a través das denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas de Galicia
O Parlamento demanda a intervención transitoria de Alcoa para asegurar o emprego e a actividade industrial
Santiago, 20 de outubro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central a activación urxente das medidas pendentes en favor da industria electrointensiva para garantir a súa viabilidade presente e futura.
O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que se implique na mesa industrial polo futuro da fábrica de Vestas en Viveiro
Santiago, 20 de outubro de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España participe e se implique na mesa industrial, xunto coa Xunta, a representación dos traballadores e a empresa, para identificar posibles alternativas que permitan un futuro para os traballadores da fábrica de Vestas en Viveiro.
O Grupo Popular salienta que Portos de Galicia está a traballar para evitar as elevadas correntes que se xeran na comporta interior do porto de Malpica
Santiago, 19 de outubro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Ana Belén García salientou hoxe no Parlamento que Portos de Galicia “está a traballar desde o primeiro momento na busca dunha solución para evitar as elevadas correntes que se xeran ocasionalmente na comporta interior do porto de Malpica.
O Parlamento galego solicita á UE que censure o comportamento de Noruega sobre a flota bacallaeira
Santiago, 19 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que censure diante da Unión Europea o comportamento do Goberno de Noruega sobre a flota bacallaeira, así como para esixirlle que se adopten medidas equivalentes de sanción fronte ao recorte unilateral de disposición de cotas de pesca de bacallau.
Puy lamenta a unidade de BNG e PSdeG no DEA á redución de impostos, a mellora da xestión da auga, a reforma da atención primaria ou a política forestal
Santiago, 15 de outubro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que “so 5 das 48 resolucións aprobadas no Debate sobre o Estado da Autonomía foron apoiadas unicamente polo PPdeG” e lamentou que BNG e PSdeG “se puxeran de acordo en opoñerse a medidas como a redución de impostos, a mellora da xestión da auga, o fomento da lingua galega, a reforma da atención primaria sanitaria ou a política forestal”.
Tellado afirma que o DEA contrapuxo un Goberno “serio, responsable e centrado nos galegos, fronte a unha oposición cos mantras de sempre”
O Debate sobre o Estado da Autonomía finaliza coa aprobación de 48 propostas de resolución, das que 9 foron por unanimidade