Reivindica la importancia de la Educación, la Sanidad, la inversión y el equilibrio de las cuentas públicas para conseguir una sociedad más libre
O Parlamento galego demanda que o servizo de seme sexado de Xenética Fontao se poña a disposición das explotacións galegas o antes posible
Santiago, 1 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a poñer a disposición das explotacións gandeiras galegas o servizo de seme sexado de Xenética Fontao o antes posible.
Tellado asegura que o BNG perde a súa combatividade no túnel de Guadarrama: “É rupturista en Twitter e adorable no Congreso”
Indica que o Bloque débelle obediencia a ese PSOE que lle firma as nóminas, ao que ten que servir en silencio pola conta “corrente” que lle trae
Posta a disposición das explotacións gandeiras galegas o servizo de seme sexado de Xenética Fontao
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para poñer á disposición das explotacións gandeiras galegas o servizo de seme sexado de Xenética Fontao
Rubén Lorenzo demanda no Parlamento galego a remodelación integral do centro de saúde de Carballo para que acolla un CIS
Santiago, 29 de setembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo presentou unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia a través da que solicita á Consellería de Sanidade que, dentro do seu futuro Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, inclúa a remodelación integral e ampliación do actual centro de saúde de Carballo, co obxectivo de acoller nel un Centro Integral de Saúde que dea servizo a toda a comarca de Bergantiños.
O Parlamento esixe ao Goberno central bonificacións nas peaxes da AP-53
Santiago, 29 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que implante bonificacións nas peaxes da autoestrada AP-53, “é a máis cara de Galicia e unha das 20 máis custosas de toda España”, sinalou o portavoz de Infraestruturas, Diego Calvo.
O Parlamento demanda un plan estatal contra a exclusión financeira, con especial atención á zona rural
Santiago, 29 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España, en coordinación coas administracións autonómicas e locais, a posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira, con medidas que faciliten o acceso á poboación aos servizos financeiros, especialmente na zona rural.
O PPdeG explica que o novo modelo de Pacto Local pasa previamente polo deseño do novo sistema de financiamento autonómico e municipal
Santiago, 28 de setembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, acusou hoxe no Pleno do Parlamento aos socialistas galegos de “intentar lavarlle a cara ao Goberno de Pedro Sánchez e de xustificar os seus agravios e desprezos a Galicia demandando en Galicia un novo Pacto Local, que pasa previamente polo deseño dun novo sistema de financiamento autonómico e local”.
O PPdeG critica “a incoherencia da oposición coa enerxía, xa que o BNG nos chama depredadores e o PSdeG di que non instalamos eólicos”
Santiago, 28 de setembro de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, criticou hoxe a “incoherencia en materia enerxética dos grupos da oposición que queren ser alternativa ao PPdeG, xa que mentres o BNG nos chama depredadores, desde o PSdeG nos critican porque non instalamos parques eólicos”.
O PPdeG demanda á oposición deixar traballar aos profesionais sanitarios para seguir avanzando na mellora da atención primaria
Santiago, 28 de setembro de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, defendeu hoxe no Pleno que a Xunta continúe avanzando no cumprimento do fixado no documento Por unha atención primaria vertebradora e desenvolvendo os compromisos aprobados no ditame da Comisión de Reactivación nas cuestións relacionadas coa atención primaria, a saúde mental e o persoal.