Santiago, 19 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “sorprendente” e “incongruente” o voto en contra dos grupos da oposición ao conxunto do ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19, cando o BNG só se opuxo ao 28 por cento das propostas e o PSdeG se abstivo en todas as votacións parciais.
Feijóo asume o liderado do PPdeG con ganas de máis e pide compromiso para seguir mellorando Galicia
Apunta que o seu partido é un proxecto común, no que participan, opinan e caben todos e onde se pode pensar de forma libre
Tellado: “Hoxe comezamos un novo capítulo na historia do Partido Popular de Galicia”
Declara que en política non hai nada máis imporante que servir a quen serve e que non hai maior orgullo que ser útil á nosa Autonomía e aos galegos
Feijóo presenta unha candidatura centrada nas Municipais de 2023 e en axudar aos populares a chegar á Moncloa
Lembra que o PP escribiu as mellores páxinas da historia política desta Autonomía e di que a súa Executiva é un reflexo da nosa sociedade
O Parlamento demanda incorporar máis vantaxes ao Carné Xove
Santiago, 15 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda á Xunta que continúe incorporando máis vantaxes ao Carné Xove para seguir promovendo entre as novas xeracións descontos no ámbito cultural, no aloxamento, nos transportes, no comercio ou no ensino.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que retire o recurso contra a Lei de saúde de Galicia
Santiago, 14 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG, a través da que se solicita ao Goberno central que retire o recurso interposto contra a reforma da Lei de saúde de Galicia e a petición de suspensión da vixencia do artigo impugnado xa que supón un agravio comparativo respecto do decreto-lei aprobado polo Goberno de Baleares con contidos idénticos e ante o que non ten adoptado medida algunha.
O PPdeG apoia que a concesión portuaria dos terreos de Vulcano estea condicionado ao seu uso para a construción e reparación naval
Santiago, 14 de xullo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a posicionarse e votar no Consello de Administración do Porto de Vigo que o concurso para a concesión portuaria do antigo estaleiro de Vulcano estea condicionado ao uso para a actividade da construción e reparación naval.
O Grupo Popular afirma que “a sanidade desmantelada da que falan BNG e PSdeG non tería resistido unha pandemia sanitaria de tanta virulencia”
Santiago, 14 de xullo de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Pleno que “a sanidade desmantelada da que constantemente falan desde o BNG e o PSdeG non tería resistido unha pandemia sanitaria desta virulencia” e salientou que “Galicia é a comunidade autónoma coa menor mortalidade de España, e non será por casualidade”.
O PPdeG apoia demandar ao Goberno central a intervención pública de factoría de Alcoa en San Cibrao
Santiago, 14 de xullo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a intervención pública da factoría de Alcoa en San Cibrao, inicialmente de forma transitoria e a través da SEPI, coa fin de asegurar o mantemento do emprego e da actividade industrial e facilitar a súa posterior venda a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable.
O Parlamento galego insiste en que o Goberno central encargue un buque-ponte para Navantia e se sume ao Pacto de Estado por Ferrol
Santiago, 14 de xullo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o voto favorable do BNG, a través da que se demanda ao Goberno de España que dote de carga de traballo ao estaleiro de Navantia na ría de Ferrol, encargando a contratación dun barco-ponte para garantir no medio prazo os milleiros de empregos das empresas auxiliares; e que se una ao Pacto de Estado por Ferrol, un acordo entre todas as administracións e axentes implicados para desenvolver medidas de impulso e dinamización laboral, económica e demográfica nesta comarca.