Santiago, 7 de xullo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez lembrou hoxe no Parlamento galego que “os concellos teñen competencia e liberdade para crear e xestionar os conservatorios e as escolas de música”, polo que subliñou que “tanto desde o PPdeG como desde a Xunta respectamos e respectaremos sempre a iniciativa dos concellos que, desde a súa competencia e liberdade, queiran ofertar á veciñanza ensinanzas musicais”.
O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que retire o recurso de inconstitucionalidade á reforma da Lei de saúde galega
Santiago, 6 de xullo de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central retire o recurso interposto ante o Tribunal Constitucional contra a reforma da Lei de saúde de Galicia que incorpora medidas para loitar contra a Covid-19, xa que considera un agravio comparativo que estas mesmas accións foran aprobadas por Decreto-Lei polo Goberno de Baleares sen que o Goberno central teña adoptado decisión algunha ao respecto.
O Parlamento galego solicita ao Goberno central que retire o recurso presentado contra o Plan Xeral de Explotación Marisqueira 2021-2023
Santiago, 6 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno central para que retire, de xeito inmediato, o recurso contencioso-administrativo presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico dirixido a derrogar o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023.
Feijóo defende que é o momento de baixar impostos para impulsar a recuperación económica
Lembra que as rebaixas fiscais acometidas na Comunidade permitiron aforrar aos galegos máis de 1.000 millóns de euros nos últimos cinco anos
Demanda da retirada do recurso contra a reforma da Lei de saúde de Galicia
Iniciativa sobre a demanda da retirada do recurso respecto da reforma da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia por supoñer un agravio comparativo ante a convalidación dun decreto lei do Parlament de Illes Balears con contido idéntico
Demanda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
Demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central da encomenda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos esaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
Pedro Puy salienta o “marcado carácter lexislativo” que terá o Pleno da vindeira semana, coa aprobación de tres novos textos legais
Santiago, 5 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o “marcado carácter lexislativo” que terá o Pleno da vindeira semana, o último deste período de sesións, xa que se aprobarán tres novos textos legais: o da primeira universidade privada de Galicia, o dirixido a garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación; e o que recoñece a violencia vicaria como violencia de xénero. “Con estas tres novas leis, sumaremos 14 neste primeiro ano de lexislatura, moitos deles dirixidos á recuperación económica e social ante a pandemia da Covid-19”, sinalou.
Pedro Puy asegura que na Comisión de Reactivación “hai máis acordo entre os grupos do que parece”
Santiago, 4 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe, nunha entrevista na Cadena SER, que no ditame da Comisión de Reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19 “hai máis acordo entre os grupos parlamentarios do que parece”, e a modo de exemplo salientou que o BNG votou en contra do 20 por cento das propostas. Así mesmo, lamentou que o Goberno central leve meses sen convocar o Consello de Política Fiscal e Financeira “nestas circunstancias nas que se están a repartir fondos entre as comunidades” para loitar contra a pandemia sanitaria.
O PPdeG pedirá aos concelleiros do BNG que se posicionen do lado do Xacobeo ou do de Pontón, que xoga co futuro de milleiros de familias
Os populares presentarán iniciativas en todos os municipios para buscar apoio institucional contra a turismofobia que pretende importar o Bloque
Tellado denuncia a “turismofobia” que o BNG pretende importar a Galicia e lamenta o ataque aos símbolos turísticos e culturais do país
Di que un partido que impulsa unha campaña chamada “Rachar co Xacobeo” só prexudica aos sectores máis castigados pola pandemia