O Grupo Popular defende a frontal oposición da Xunta ao decreto do Goberno central que suprime os exames de recuperación

Santiago, 22 de decembro de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, considerou “lexítimo” que a Xunta de Galicia teña unha frontal oposición ao cambio de regras do xogo que supón o Real-Decreto 984/2021 polo que se regulan a avaliación e a promoción na educación primaria, secundaria, o bacharelato e a formación profesional.

Continue reading

O Pleno do Parlamento galego aproba os orzamentos da Xunta para 2022

Santiago, 21 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe os orzamentos da Xunta para 2022, unhas contas “expansivas, sociais e axeitadas á incerteza da situación actual, dirixidas a fomentar o investimento das empresas e das familias, e favorecer a recuperación social e económica”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.

Continue reading

O Parlamento galego demanda a posta en marcha dunha poxa dixital de gando vacún

Santiago, 17 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a posta en marcha dunha poxa dixital de gando vacún. “Este tipo de lonxas non pretenden substituír os procedementos actuais de venda, pero ofrecen unha sólida canle alternativa con vocación de consolidación no futuro”, manifestou a portavoz popular do Medio Rural, Elena Candia.

Continue reading