O Parlamento demanda ao Goberno do Estado que dote de ferramentas como a Conta Láctea para fixar os custes de produción do sector gandeiro

Santiago, 9 de decembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha moción a través da que se demanda ao Goberno do Estado que, no desenvolvemento da Lei da cadea alimentaria, se dote aos sectores produtivos dunha ferramenta pública e obxectiva que fixe uns custes de produción de referencia vinculantes e obrigatorios, como é o caso da Conta Láctea impulsada pola Xunta de Galicia. Así mesmo, pídese que a Xunta vele porque os novos contratos entre produtores e industria transformadora incorporen as subas con referencia ao IPC galego dos alimentos para o gando, combustibles, electricidade, abonos de síntese e demais factores que inciden nos custes de produción.

Continue reading

O PPdeG critica que o BNG “pretenda que a Xunta asuma obras e servizos ferroviarios que lle corresponde pagar ao Goberno central”

Santiago, 9 de decembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro criticou hoxe no Pleno que o BNG “pretenda que a Xunta asuma con recursos de todos os galegos as obras e servizos ferroviarios que lle corresponde pagar ao Goberno de España”. Neste sentido, demandou que “teñan a valentía de reclamar ao Goberno central que acometa as obras necesarias para garantir a competitividade da rede ferroviaria de Galicia, que restableza todos os servizos ferroviarios existentes con anterioridade á pandemia sanitaria e que amplíe o número de frecuencias e servizos que permitan atender a demanda de mobilidade do interior de Galicia”.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a Estratexia do sector cárnico facilitará a remuda xeracional e que as explotacións sexan rendibles

Santiago, 9 de decembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que a Estratexia de dinamización do sector da carne en Galicia permitirá “consolidar este sector e garantir a remuda xeracional, que as nosas explotacións sexa rendibles, mellorar o nivel de transformación da industria cárnica e a xeración de valor engadido, seguir avanzando na profesionalización con máis formación, e apostar aínda máis pola investigación e a innovación”.

Continue reading

O novo Plan galego de estatística afonda na transparencia, na calidade e na accesibilidade da información

Santiago, 9 de decembro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova Lei do Plan galego de estatística, que afonda na transparencia, na calidade e na accesibilidade da información. A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz afirmou que este novo período “será o de integrar a información administrativa nos procesos estatísticos, de xeito que non sexa necesario solicitar de novo aos cidadáns a información que xa estea en poder das administracións”.

Continue reading

Aprobadas sen votos en contra as emendas do Grupo Popular ao Articulado do proxecto de lei de orzamentos

Santiago, 7 de decembro de 2021- A Comisión 3ª do Parlamento comezou hoxe os traballos para a elaboración do ditame do proxecto de lei de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, co debate do articulado e as seccións de Presidencia, Vicepresidencias primeira e segunda e Consellería de Facenda. Ao respecto das emendas ao Articulado, as emendas do Grupo Popular foron aprobadas sen ningún voto en contra da oposición.

Continue reading

O Grupo Popular demanda a Renfe un plan de acción urxente que restableza os horarios e frecuencias suprimidas durante a pandemia da Covid-19

Santiago, 4 de decembro de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que demanda ao Goberno de España un plan de acción urxente e a curto prazo co obxectivo de que se restablezan os servizos horarios e frecuencias suprimidas por Renfe amparándose na pandemia da Covid-19, ademais de procurar unha solución que permita adecuar a oferta á demanda de mobilidade dos galegos que se desprazan en tren cada día entre Ourense e A Coruña ou Santiago, de xeito compatible coas conexións de AVE entre Ourense e Madrid.

Continue reading