Santiago, 14 de abril de 2021.- O Grupo Popular no Parlamento de Galicia arrancou hoxe un novo acordo unánime do Pleno para instar ao Goberno Central á construción dun busque de acción marítima (BAM) para a Armada Española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, facilitándolles carga de traballo mentres no comece a construción das fragatas F-110.
O Grupo Popular asegura que a Xunta “nunca abandonou as valoracións presenciais da discapacidade”
Santiago, 14 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta “nunca abandonou as valoracións presenciais dos expedientes de discapacidade, salvo entre os meses de marzo e maio de 2020 por mor do confinamento pola pandemia da Covid-19, porque o primeiro é preservar a saúde de todos os cidadáns galegos”.
Redacción do proxecto de construción dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas
Iniciativa sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central do inicio da redacción do proxecto de construción dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense
O Grupo Popular afirma que a Xunta avoga por unha política de vivenda sen intervención no mercado e con medidas que promovan o alugueiro
Santiago, 13 de abril de 2021.- A portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que, “mentres o Goberno de España vai e ven, a Xunta ten moi clara a súa política de vivenda: sen intervención no mercado, que só procuraría máis tensións e problemas; e si con medidas que promovan a posta en alugueiro de vivendas, que incrementen o parque público autonómico e municipal, e faciliten o acceso dos cidadáns, en xeral, e dos colectivos máis vulnerables, en particular, á vivenda en alugueiro”.
O Grupo Popular critica que o PSdeG rexeitara no Pleno do Parlamento unha condena contundente de calquera forma de corrupción
Santiago, 13 de abril de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou que o PSdeG rexeitara que o Pleno do Parlamento galego aprobara unha moción a través da que se rexeita con contundencia calquera forma de corrupción.
O Grupo Popular asegura que en Galicia só se autorizan parques eólicos que compren todas as garantías técnicas, medioambientais e xurídicas
Santiago, 13 de abril de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “en Galicia só se autorizan parques eólicos que compren todas as garantías técnicas, medioambientais e xurídicas que establece a lexislación vixente, ademais de ser compatibles co resto de actividades económicas”.
O Grupo Popular apoia incorporar a violencia vicaria como unha forma máis de violencia de xénero
Santiago, 13 de abril de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento galego a toma en consideración da proposición de lei de reforma da Lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de xeito que se inclúa a violencia vicaria como unha forma máis de violencia de xénero.
Pedro Puy asegura que “o exercicio da autonomía está sendo fundamental para a loita contra a pandemia”
Santiago, 12 de abril de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe, no día que o Parlamento galego conmemora o 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, que “o exercicio da autonomía está sendo fundamental para a loita contra a pandemia”.
Feijóo pide a Sánchez unha Conferencia de Presidentes para que España non pase “do Estado de Alarma ao caos”
Indica que a cogobernanza non pode ser un slogan do Executivo central cando non sabe ou non se atreve a exercer as súas responsabilidades
A Comisión para a Igualdade e os dereitos das mulleres aproba o seu plan de traballo para esta lexislatura
Santiago, 9 de abril de 2021.- A Comisión non permanente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres aprobou esta mañá o plan de traballo para a presente lexislatura, que inclúe a solicitude de 20 informes ou documentos, e a comparecencia de 61 persoas.