O Parlamento galego rexeita por unanimidade a nota remitida pola DG Mare ao Parlamento Europeo sobre a revisión do control da pesca da UE

Santiago, 6 de abril de 2021.- O Grupo Popular acadou hoxe o apoio unánime da Comisión de Pesca do Parlamento galego á súa proposición non de lei para rexeitar a nota explicativa remitida pola DG Mare da Comisión Europea ao Parlamento Europeo sobre a revisión do sistema de control da pesca da Unión Europea no contexto do Pacto Verde e a Estratexia de Biodiversidade da UE para 2030, que podería recompensar e legalizar a infradeclaración, conduce a unha sobrepesca masiva e permite que os recortes ilegais continúen sen ser detectados e ameacen a explotación sustentable dos recursos biolóxicos mariños.

Continue reading

O PPdeG reitera o compromiso da Xunta cos mariscadores da ría de Burgo e reitera a disposición de aportar 100.000 euros para paliar as súas perdas pola dragaxe

Santiago, 6 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez reiterou hoxe “o compromiso da Xunta” coas persoas mariscadoras da ría do Burgo e reiterou a disposición do Goberno galego de aportar 100.000 euros do orzamento de 2021 para artellar un plan social que palíe as perdas que este colectivo sufra pola falla de actividade durante a execución da dragaxe desta ría.

Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno que o Goberno central axilice o traspaso dos fondos para autónomos e empresas, e modifique os criterios de reparto para non prexudicar a Galicia

Santiago, 6 de abril de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana ao Goberno de España máxima urxencia na tramitación e sinatura do convenio coa Xunta para a transferencia dos fondos derivados do Real Decreto-Ley de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da Covid-19, ao tempo que modifique os criterios de reparto para que non penalice á Comunidade galega. Así mesmo, volverase esixir ao Goberno central o encargo da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol.

Continue reading

Puy alerta que a modificación da Lei de costas pode provocar que as empresas planifiquen accións noutras zonas con requisitos menos esixentes

Santiago, 5 de abril de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou hoxe que a modificación do regulamento da Lei de costas incluída polo Goberno central no proxecto de Lei de cambio climático supón unha ameaza á seguridade xurídica para a continuidade das concesións do sector mar-industria en Galicia e está a provocar que a planificación a longo prazo das empresas se faga cara outras a zonas onde os requisitos non sexan tan esixentes, como pode ser Portugal.

Continue reading

Pedro Puy critica que o Goberno central presentara o recurso contra a Lei de saúde galega “pola vía rápida e evitando calquera diálogo”

Santiago, 5 de abril de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “non son formas propias dun Goberno central que di que confía nas comunidades autónomas e aposta pola cogobernanza” a presentación dun recurso diante do Tribunal Constitucional contra a Lei de saúde de Galicia “pola vía rápida e evitando calquera diálogo coa Comunidade galega para debater sobre a constitucionalidade” deste texto lexislativo.

Continue reading