Santiago, 22 de febreiro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou que a modificación da Lei de Saúde reforza a nosa Sanidade pública dotándoa de máis instrumentos e garantías para combater eficazmente a pandemia.
O PP esixirá que deputacións e concellos se sumen á súa demanda para que o Goberno baixe as peaxes da AP-9
Os populares queren terminar co “agravio comparativo” que sofren os galegos respecto a outras comunidades onde si se baixaron os custes das autoestradas
O Grupo Popular afirma que a Xunta está a reforzar, mellorar as condicións e os tempos de traballo do Servizo contra incendios forestais
Santiago, 19 de febreiro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada afirmou hoxe no Parlamento galego que “a Xunta está a reforzar de xeito continuado o dispositivo de loita contra o lume, mellorando as condicións e os tempos de traballo dos efectivos do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais”.
O PPdeG salienta que a execución dos PDR en Galicia é do 70%, por enriba da media europea e española
Santiago, 19 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular, Elena Candia, afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que a execución financeira dos programas de desenvolvemento rural (PDR) alcanza o 70 por cento, unha porcentaxe que se sitúa por enriba da media dos europeos e dos españois, “cando o período de execución poderá chegar ata o ano 2025 logo do prórroga de dous anos aprobada pola Comisión Europea”. Por este motivo, apoiou a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a executar o 100 por cento do orzamento dos PDR nos períodos que proceda, co fin de darlle ao rural galego todos os elementos posibles subsistir dignamente e acadar melloras que lle fagan gañar en consideración social.
O Parlamento galego demanda impulsar e desenvolver unha Estratexia para o sector cárnico
Santiago, 19 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar e desenvolver unha Estratexia para o sector cárnico de Galicia. O deputado popular Daniel Vega concretou que este plan “impulsará un sector profesionalizado e unha mellora das explotacións, investindo na mellora xenética e apostando polas nosas razas autóctonas”.
O Parlamento galego demanda un plan preventivo de incendios forestais para 2021
Santiago, 19 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta a elaboración dun plan preventivo de incendios forestais para o 2021 que aglutine todas as accións necesarias para minimizar os riscos de incendios e aumentar a resiliencia do territorio galego.
Tellado avanza que o PPdeG presentará unha declaración institucional para que o PSdeG e o BNG se sumen á condena da violencia
Lembra que a ampla maioría que os galegos deron a Feijóo impediu que haxa carteis de apoio a un delincuente condenado nos balcóns da Xunta
O Grupo Popular afirma que “o plan de recuperación das actividades marítimas que agora pide o PSdeG xa o puxo a Xunta en marcha en xuño”
Santiago, 18 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez explicou hoxe no Parlamento que “o plan de recuperación de actividades marítimas que agora piden desde o PSdeG chámase Avantemar e a Xunta púxoo en vigor o pasado mes de xuño e dotouno con 77 millóns de euros”.
O PPdeG insiste que a Xunta está disposta a achegar 100.000 euros para apoiar aos marisqueiros afectados pola dragaxe da ría do Burgo
Santiago, 18 de febreiro de 2021.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, insistiu hoxe no Parlamento galego na vontade da Xunta de Galicia de achegar 100.000 euros para o plan social de apoiou aos mariscadores afectados pola dragaxe da ría do Burgo, “a pesar de que é o Goberno central o promotor da obra e quen debe facerse cargo das indemnizacións correspondentes aos afectados”.
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa situación que están a padecer as mulleres no ámbito laboral e familiar
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa situación que están a padecer as mulleres no ámbito laboral e familiar