Feijóo garante seguir traballando por Ferrol, dando a cara polo naval e defendendo a industria de toda a comarca

11, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a seguir traballando por Ferrol, dando a cara polo sector naval e defendendo a industria de toda a comarca de Ferrolterra, tal e como fixo o Goberno galego nos últimos 11 anos. Neste senso, dixo que traballar polo futuro desta urbe foi unha “prioridade política e de xestión”, así hoxe conta con máis servizos públicos e máis posibilidades de formación.

Continue reading

Feijóo destaca que Lugo está mellor equipada e ten uns servizos públicos máis sólidos e potentes que hai 11 anos

10, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou o esforzo inversor do Goberno galego en Lugo, grazas ao cal a capital lucense “está mellor equipada” e ten hoxe un servizos públicos máis sólidos e potentes que hai unha década. Tal e como puxo de manifesto, a Xunta “estivo construíndo a cidade de Lugo nos últimos 11 anos”, ao tempo que destacou que esta provincia “foi, é e seguirá sendo” onde máis inviste a Administración autonómica por habitante.

Continue reading

Feijóo: “Nunca investimos tanto en política social como nun 2020 no que destinamos un 85% do total dos fondos públicos”

10, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por seguir afondando e perfeccionando a Galicia familiar na vindeira década, para o que anunciou que os populares seguiremos respondendo ao que nos piden os fogares para a conciliación ou para facilitar a plena inclusión das persoas con discapacidade. Tamén para impulsar novas oportunidades ás familias desfavorecidas, avanzando na posta en marcha de novos centros sanitarios e promovendo o envellecemento activo con todos os apoios necesarios.

Continue reading

Feijóo destaca os máis de 200 millóns de euros dedicados a Pontevedra: “Somos a Administración que máis inviste”

9, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou os máis de 200 millóns de euros que o Goberno galego leva investidos en Pontevedra na última lexislatura, sendo, así, a Administración que máis inviste na urbe. Do mesmo xeito, puxo en valor a implicación do Executivo autonómico no avance que protagonizou a cidade nos últimos 11 anos.

Continue reading

INMA NESPEREIRA DOMÍNGUEZ

(Ourense, 1969). Técnico auxiliar de clínica e estudante da UNED. Campiona de España de Xavelina. Concelleira do PP en Viveiro dende 2019.

LUIS GÓMEZ GARCÍA

(Taboada, 1971). Bacharelato Superior,  FP2 Administrativo e Máster en Calidade e Medio Ambiente. É xefe de Calidade e Medio Ambiente dunha empresa dedicada á construción. Concelleiro en Taboada dende 2007 e segundo tenente de alcalde dende 2019.

BEATRIZ ROIS CASTRO

(O Saviñao, 1985). Ciclo Administrativo Superior en Administración e Finanzas. Estudante de Enxeñería Industrial. Concelleira de Cultura e Servizos Sociais en O Saviñao dende 2019.

MANUEL ROUCO LÓPEZ

 (Xove, 1977).  Enxeñeiro Agrícola. Presidente local, concelleiro e voceiro do PP de Burela.