Santiago, 12 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Xustiza que, de xeito inmediato, rectifique a proposta de novos xulgados para Galicia en 2019 incluíndo a creación dun Xulgado do Social para a cidade de Lugo.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que mellore o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar
Santiago, 12 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta ao Goberno central para que impulse os cambios normativos que sexan precisos para mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar e, tras un proceso de diálogo co sector, se estude a posibilidade de establecer un sistema que permita aumentar voluntariamente as bases de cotización, aproveitando que o Ministerio de Traballo está traballando nun novo sistema de cotización para os traballadores autónomos.
O Grupo Popular incide que a FP Dual “é unha aposta decidida da Xunta para a mellora da formación do alumnado e a seu acceso ao mercado laboral”
Santiago, 12 de xuño de 2019.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, incidiu hoxe no Pleno que a formación profesional dual “é una aposta decidida da Xunta, porque a considera unha oportunidade tanto para a mellora da formación do alumnado como de acceso ao mercado laboral en mellores condicións”.
Tellado pídelle ao Goberno Central que “deixe de poñer escusas” e ofreza unha solución para Alcoa
Santiago, 11 de xuño de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, pediulle ao Goberno Central no Pleno do Parlamento que “deixe de poñer escusas” e ofreza unha solución inmediata para Alcoa. Así, explicou que esta deberá pasar pola consecución dun prezo eléctrico estable, “tanto no caso de Alcoa Coruña como se pensamos no futuro do resto da industria electrointensiva galega e os 5.000 postos de traballo asociados”.
O Grupo Popular demanda “máxima prudencia” sobre a situación de Isowat en a Coruña ata que se poida avanzar nunha solución definitiva
Santiago, 11 de xuño de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, demandou hoxe no Pleno “máxima prudencia” respecto da situación que está a pasar a empresa Isowat Made de A Coruña, “porque o que se precisa neste momento é actuar con máxima responsabilidade ata que se poida avanzar unha solución definitiva”.
O Grupo Popular insiste no Pleno na súa postura respecto do proxecto da mina de Touro: tramitación ordinaria e absoluto e estrito cumprimento da lei
Santiago, 11 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco insistiu hoxe no Pleno do Parlamento que “a nosa postura respecto ao proxecto de reapertura da mina de Touro segue a ser a mesma que vimos mantendo desde o primeiro día: nin a favor nin en contra, tramitación ordinaria e absoluto e estrito cumprimento da lei e da normativa ambiental”.
O PPdeG asegura que “as solucións para os problemas da Atención Primaria sanitaria están ben encamiñados co plan galego e o Consello Técnico
Santiago, 11 de xuño de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe no Parlamento que “as solucións para os problemas da atención primaria están ben encamiñadas co anunciado plan galego e o Consello Técnico de atención primaria” e salientou que “a maioría das reivindicacións dos grupos da oposición xa están incorporadas a este plan galego”.
O Grupo Popular critica que o BNG “se manteña nun enfrontamento permanente” en materia de normalización lingüística
Santiago, 11 de xuño de 2019.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández Gil, criticou hoxe que o BNG “se manteñan no enfrontamento permanente” en materia de normalización lingüística e avogou porque “nunca debemos intentar separarnos con aquilo que nos une e defendamos de xeito colectivo o consenso existente para traballar a prol do galego”.
Miguel Tellado incide na “proposta sensata e razoable” para que goberne a lista que tivo maior número de votos
Santiago, 10 de xuño de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, incidiu esta mañá “na proposta sensata e razoable que fixemos ao Partido Socialista en Galicia para que goberne nos concellos e deputacións a lista que tivo o maior número de votos dos cidadáns”, e avanzou que “se o PSOE non está de acordo en aceptar esta norma, estamos dispostos a deixar que cada candidato pacte con quen queira”.
O Grupo Popular insistirá no Pleno na demanda ao Goberno central dun novo xulgado do social para Lugo
Santiago, 10 de xuño de 2019.- O Grupo Popular insistirá no Pleno desta semana na reclamación ao Ministerio de Xustiza para que, de xeito inmediato, rectifique a súa proposta de novos xulgados para Galicia en 2019 e inclúa a creación dun novo xulgado do social en Lugo. O viceportavoz popular, Miguel Tellado, apuntou esta mañá que “tamén pediremos ao Goberno central que impulse os cambios normativos necesarios para mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar.