Santiago, 13 de maio de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, solicitou hoxe ao Goberno do Estado que “manteña os criterios de distribución entre as comunidades autónomas dos fondos destinados ás políticas activas de emprego e non leve adiante o seu anuncio de modificalos, xa que suporá unha nova aldraxe cara aos galegos ao non recoñecer os resultados de Galicia na xestión destes recursos e os esforzos realizados para reducir os niveis de desemprego”.
Feijóo avoga por un Goberno para Ferrol responsable e que aposte pola súa industria como coa creación dunha Zona Franca
13, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, compartiu hoxe co candidato do PP á alcaldía do Ferrol, José Manuel Rey Varela, o compromiso dun Goberno responsable, realista e capaz de formular solucións para a súa industria e a súa economía, como a creación dunha Zona Franca, similar á que existe noutras sete áreas españolas.
Feijóo advirte que nas Municipais se elixe un modelo de goberno multipartito ou un goberno que goberne
13, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que nas Eleccións Municipais elíxense dous modelos de xestión: un goberno multipartito ou un goberno que goberne. Por iso, avogou por “votar de forma conxunta” e directamente aos candidatos do PPdeG, para así ter alcaldes e alcaldesas que xestionen mellor os concellos e cos que os veciños se sintan máis identificados.
Feijóo sinala que ningún concello se pode dar por perdido e que todos se poden gañar se o voto moderado se une no PP
12, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinala que ningún concello se pode dar por perdido e que todos se poden gañar se o voto moderado se une no Partido Popular.
Tellado anuncia que o PPdeG non fará alcalde a ningún candidato de Vox, de Podemos, nin do BNG
12, maio, 2019.O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anunciou este domingo nunha entrevista na Cadena Ser que os populares galegos non apoiarán a ningún candidato de Vox, Podemos ou o BNG ás alcaldías dos concellos da nosa Comunidade.
Feijóo propón unir o voto porque o PP é a única alternativa con posibilidades ante PSOE, populistas e nacionalistas
11, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo unir o voto porque as candidaturas do PP en Galicia son a única alternativa con posibilidades ante PSOE, populistas e nacionalistas.
O PPdeG defende o mantemento da locomotora Sarita en Padrón pola “súa indubidable vinculación” con esta vila
Santiago, 10 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique defendeu hoxe no Parlamento o mantemento da locomotora Sarita en Padrón pola “súa indubidable vinculación con esta vila, non só pola figura de John Trulock senón polo aprecio que a sociedade civil ten cara ela”.
Feijóo propón unir o voto no PP a todos os que preferían outro Goberno de España para pasar da decepción de abril á vitoria de maio
09, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo a todos os que preferían outro Goberno de España unan agora o seu voto no Partido Popular para pasar da decepción de abril á vitoria de maio.
O Parlamento demanda aos concellos a elaboración de plans de emerxencia ante situacións de seca
Santiago, 8 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda dos concellos a elaboración de plans de emerxencia ante situacións de seca e levar a cabo as actuacións necesarias na rede municipal de abastecemento para solucionar os problemas existentes e evitar a perda de auga na rede.
O Parlamento demanda á Xunta a contratación este ano dos proxectos construtivos e de impacto ambiental para desdobrar o treito A Pobra-Nadela da VAP entre Lugo e Monforte
Santiago, 8 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta inicie a contratación neste ano 2019 dos proxectos construtivos e de impacto ambiental do treito A Pobra de San Xiao-Nadela, a fin de avanzar de forma definitiva no total desdobramento desta infraestrutura, tendo presente o desdobramento futuro do tramo Sarria-Monforte, a abordar unha vez que se vaia materializando o tramo Sarria-Lugo.