Santiago, 5 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe de xeito unánime a proposición non de lei a través da que se solicita a AENA que introduza nos pregos de licitación do novo servizo de restauración do Aeroporto de Lavacolla as cláusulas necesarias que garantan o mantemento dun servizo de comedor nas condicións vixentes previstas no prego da cantina.
O PPdeG avoga por avanzar na mellora da competitividade do pequeno comercio a través da dixitalización, a economía circular e o valor do produto local
Santiago, 4 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero avogou hoxe no Parlamento porque a Xunta “avance na mellora da competitividade do sector do pequeno comercio galego a través da dixitalización, a economía circular e a posta en valor do produto local”.
O PPdeG solicita que Xunta, Goberno do Estado e concellos avalíen alternativas ao uso de herbicidas con glisofato no tratamento das cunetas da rede viaria
Santiago, 4 de xullo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta, o Goberno do Estado e os concellos galegos avalíen alternativas que permitan reducir progresivamente o uso de herbicidas derivados do glisofato no tratamento das cunetas da rede viaria, restrinxindo a súa utilización naquelas zonas onde sexa necesario para garantir a visibilidade da estrada e de acordo a criterios de seguridade viaria.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a construción dunha nova subestación eléctrica que atenda a demanda industrial de Balaídos
Santiago, 4 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista, a través da que se solicita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que cumpra coa planificación vixente 2015-2020 de Rede Eléctrica de España, aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy, levando a cabo todas as medidas necesarias para desbloquear este investimento e iniciar a construción dunha nova subestación para atender a demanda industrial de Balaídos e conectar a Vigo á rede de transporte de 220 kilovoltios, facilitando unha subministración eléctrica moderna con capacidade de ofrecer estabilidade ao servizo e un abaratamento da factura eléctrica.
O Parlamento demanda ao Goberno central a modificación da Lei de Cadea Alimentaria para protexer e atender a solicitude do sector
Santiago, 4 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que demanda ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a modificación da Lei de Cadea Alimentaria co obxectivo de protexer ao sector alimentario, tal e como está a solicitar o propio sector.
O Grupo Popular demanda que a Xunta impulse unha lingua de signos galega
Santiago, 3 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez demandou hoxe no Parlamento que a Xunta impulse unha lingua de signos galega, unha vez que as asociacións e entidades que representan ao colectivo de persoas xordas en Galicia expresen o seu posicionamento sobre esta iniciativa e se impliquen activamente no seu desenvolvemento.
O Grupo Popular leva ao Pleno da vindeira semana a solicitude ao Goberno central para que abone á Xunta os 700 millóns que lle adebeda
Santiago, 2 de xullo de 2019.- O Grupo Popular leva ao Pleno da vindeira semana a proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central a transferencia dos 700 millóns de euros que adebeda a Galicia procedentes da actualización das entregas a conta de 2019, a devolución do IVE de 2017 e os incentivos por cumprir coa estabilidade orzamentaria en 2017 e 2018.
Tellado: “A estabilidade política permite ao mercado laboral galego ter os mellores datos do Estado”
2, xullo, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos de paro do mes de xuño, que reflicten que, na evolución anual, Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro (un 8,71%) superando á media estatal en catro puntos. “A estabilidade política permite ao noso mercado laboral ter os mellores datos do Estado”, subliñou.
Puy alerta que o atraso nos impagos do Goberno central á Xunta “está a provocar problemas de tesourería
Santiago, 1 de xullo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou hoxe que o atraso nas entregas a conta correspondentes a 2019 ou na devolución da mensualidade do IVE de 2017 por parte do Goberno central á Xunta, que suman 530 millóns de euros, “están a provocar problemas de tesourería porque figuran no orzamento galego para o presente ano e poden xerar custos adicionais”.
O Parlamento galego insta á Xunta que garanta que as exhumacións se realicen conforme co protocolo aprobado polo Estado
Santiago, 28 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dun acordo entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que garanta, no ámbito das súas competencias, que as exhumacións, recoñecidas dentro do marco dos dereitos humanos, se realicen de conformidade co protocolo aprobado polo Estado. Así mesmo, pídese que se aplique a Lei da Memoria Histórica, en canto fai referencia expresa á identificación das fosas; e que as familias ou asociacións correspondentes poidan recibir apoio institucional para a localización, exhumación e identificación das vítimas.