O Grupo Popular demanda que a Xunta impulse unha lingua de signos galega

Santiago, 3 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez demandou hoxe no Parlamento que a Xunta impulse unha lingua de signos galega, unha vez que as asociacións e entidades que representan ao colectivo de persoas xordas en Galicia expresen o seu posicionamento sobre esta iniciativa e se impliquen activamente no seu desenvolvemento.

Continue reading

O Grupo Popular leva ao Pleno da vindeira semana a solicitude ao Goberno central para que abone á Xunta os 700 millóns que lle adebeda

Santiago, 2 de xullo de 2019.- O Grupo Popular leva ao Pleno da vindeira semana a proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central a transferencia dos 700 millóns de euros que adebeda a Galicia procedentes da actualización das entregas a conta de 2019, a devolución do IVE de 2017 e os incentivos por cumprir coa estabilidade orzamentaria en 2017 e 2018.

Continue reading

Puy alerta que o atraso nos impagos do Goberno central á Xunta “está a provocar problemas de tesourería

Santiago, 1 de xullo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou hoxe que o atraso nas entregas a conta correspondentes a 2019 ou na devolución da mensualidade do IVE de 2017 por parte do Goberno central á Xunta, que suman 530 millóns de euros, “están a provocar problemas de tesourería porque figuran no orzamento galego para o presente ano e poden xerar custos adicionais”.

Continue reading

O Parlamento galego insta á Xunta que garanta que as exhumacións se realicen conforme co protocolo aprobado polo Estado

Santiago, 28 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dun acordo entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que garanta, no ámbito das súas competencias, que as exhumacións, recoñecidas dentro do marco dos dereitos humanos, se realicen de conformidade co protocolo aprobado polo Estado. Así mesmo, pídese que se aplique a Lei da Memoria Histórica, en canto fai referencia expresa á identificación das fosas; e que as familias ou asociacións correspondentes poidan recibir apoio institucional para a localización, exhumación e identificación das vítimas.

Continue reading

O PPdeG afirma que a nova lei de administración dixital “consegue unha relación cos galegos máis eficaz, transparente e de maior calidade”

Santiago, 28 de xuño de 2019.- A portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Sandra Vázquez, afirmou hoxe no Parlamento que a nova lei de administración dixital de Galicia, cuxo ditame foi aprobado hoxe en Comisión e queda pendente do seu debate definitivo en Pleno, “consegue unha relación con todos os galegos máis eficaz, eficiente, transparente e de maior calidade”.

Continue reading

O Grupo Popular demanda á oposición que “deixe traballar á Mesa da Limia para avaliar a problemática dos residuos da actividade agrogandeira”

Santiago, 27 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado demandou hoxe aos grupos da oposición que “deixar traballar á Mesa da Limia, creada para avaliar a problemática dos residuos que orixina a actividade agrogandeira nesta comarca ourensá e en toda Galicia”. Así mesmo, avogou por “apoiar o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible e sustentable, para o que a Consellería do Medio Rural está a traballar na recuperación e posta en valor das terras agrarias e na elaboración dunha lei específica de potenciación da calidade das producións do agro e o respecto do medio ambiente”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Agricultura que aumente os controis sobre a venda fraudulenta de produtos agroalimentarios

Santiago, 27 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Agricultura o aumento dos controis sobre a venda fraudulenta de produtos agroalimentarios con referencias xeográficas non acreditadas por algún selo de calidade diferencial, ao tempo que impulse os mecanismos adecuados de control para a protección e comercialización dos produtos agroalimentarios galegos con selos de calidade diferenciada.

Continue reading