O PPdeG reiterará no Pleno a demanda ao Goberno central para que fixe un marco enerxético estable e competitivo para o sector electrointensivo

Santiago, 20 de marzo de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se reitera ao  Goberno do  Estado a demanda para o establecemento dun marco enerxético estable e un prezo eléctrico competitivo para o sector electrointensivo, dada a situación de urxencia que está a atravesar a industria electrointensiva galega, en especial empresas como Alcoa ou Ferroatlántica. Ademais, na mesma sesión plenaria solicitará á Xunta que manteña o apoio aos profesionais que traballan no campo a tempo parcial, impulsando medidas para fomentar e protexer a súa actividade.
Continue reading

O GPP demanda ao Goberno do Estado que deixe gastar a Galicia o superávit de 125 millóns de euros de 2018 e lle transfira os 170 millóns polo cumprimento das regras fiscais

Santiago, 18 de marzo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe da presentación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado “que deixe gastar en investimentos sostibles o superávit de 125 millóns de euros que tivo Galicia en 2018, ao tempo que proceda a facer a transferencia á Comunidade galega dos 170 millóns que lle debe a Galicia da compensación polo cumprimento de todas as regras fiscais nos exercicios de 2017 e 2018”.
Continue reading

O PPdeG critica que “o descoñecemento leve aos responsables do BNG a dicir disparates sobre as plantacións de eucalipto”

Santiago, 15 de marzo de 2019.- O portavoz do Medio Rural, Moisés Blanco, criticou hoxe que “o descoñecemento dos representantes do BNG respecto da política forestal do Goberno galego lévaos a dicir disparates como que a Xunta remitiu datos falsos á Comisión Europea respecto das plantacións de eucalipto”. “Non se pode confundir a planificación contemplada no Plan Forestal de Galicia, actualmente en plena elaboración, co Programa de Desenvolvemento Rural (PDR), que é o que realmente supervisan as autoridades europeas”, sinalou.

Feijóo di que o PP é a única vía segura para que non goberne Pedro Sánchez e se teña en consideración a Galicia

16, marzo, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo fincapé na importancia de distinguir o voto útil do que non o é, polo que apuntou que quen queira que goberne Pedro Sánchez pode votar a calquera, pero “quen queira que non goberne e haxa un goberno alternativo, só ten unha vía segura: o Partido Popular”. Por iso, salientou que para que Galicia se teña en consideración só están as siglas do Partido Popular e un candidato, Pablo Casado.

Continue reading