O PPdeG rexeita asociar o galego a unha formación política, porque estaríase ligando o futuro da lingua ao desa organización

Santiago, 23 de maio de 2018. O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, rexeitou hoxe “asociar o galego a unha formación política concreta, porque deste xeito estaríamos ligando o futuro da nosa lingua ao desa formación”. “Nós defendemos que a lingua é un ben e un patrimonio de todos, e ninguén debe intentar apropiarse dela”, concretou.
Continue reading

O Grupo Popular insta á Xunta a velar polo legado artístico e bibliográfico do Centro Galego de Bos Aires

Santiago, 23 de maio de 2018. A deputada do Grupo Popular Raquel Arias defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta vele polo legado cultural do patrimonio artístico e bibliográfico do  Centro Galego de Bos Aires, para que este se poida seguir desfrutando polo conxunto da colectividade e sociedade galega en Arxentina. Así mesmo, demandou que o Goberno galego, en colaboración coa Administración xeral do Estado, defenda que os emigrantes galegos asociacións ao Centro Galego de Bos Aires poidan seguir gozando de asistencia sanitaria en caso de necesidade.
Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a impulsar medidas que recoñezan ás empresas que colaboran no desenvolvemento da formación profesional

Santiago, 23 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a impulsar medidas e accións de recoñecemento para aquelas empresas que colaboran e participan no desenvolvemento da formación profesional, pola súa contribución a unha mellor formación do alumnado galego.
Continue reading

O PPdeG acusa aos socialistas de pretender “pasar dun servizo ferroviario rápido e eficiente a un máis lento e de menores prestacións”

Santiago, 22 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou esta tarde ao Grupo Socialista de intentar “confundir e xerar ruído” cunha proposición non de lei de “pouco fundamento técnico”, ao pretender “transformar o Eixo Atlántico nun servizo de proximidade”, isto é, “pasar dun servizo rápido e eficiente a un máis lento e de menores prestacións”.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a abordar con deputacións e concellos a aplicación do Regulamento de estradas nos accesos a parcelacións

Santiago, 22 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a abordar, antes do remate de 2018, coas deputacións e concellos os criterios de aplicación do artigo 137 do Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Continue reading

O Grupo Popular reitera que a saúde dos traballadores galegos é unha cuestión “absolutamente prioritaria”

Santiago, 22 de maio de 2018. O viceportavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Miguel Tellado, subliñou este martes no Parlamento que a saúde dos traballadores galegos é unha cuestión “absolutamente prioritaria” tanto para o Goberno galego, coma para a maioría na Cámara que o sustenta. Neste sentido, lembrou que o Orzamento do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) incrementouse no último exercicio un 3 por cento e prevese que siga aumentando de cara aos vindeiros.
Continue reading