O Parlamento aproba a Lei de protección e benestar dos animais de compañía, coa conformidade dos grupos sobre máis do 80% do articulado

Santiago, 26 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, unha norma que sae adiante coa conformidade de todos os grupos parlamentarios sobre máis do 80 por cento do articulado e que combate o maltrato, promove a adopción e busca concienciar a toda a sociedade na tenza responsable.
Continue reading

Pedro Puy cualifica o primeiro ano de Lexislatura como “frutífero en todos os sentidos”

Santiago, 25 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou este primeiro ano da X lexislatura como “frutífero en todos os sentidos”, aínda que recoñeceu que “queda moito por facer e continuaremos traballando para mellorar a situación xeral, especialmente daqueles que quedaron máis excluídos do mercado laboral como consecuencia da crise económica”.

Continue reading

Pedro Puy amosa a disposición do PPdeG para acordar cos outros grupos a realización dun informe para incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público

Santiago, 25 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a disposición do PPdeG para chegar a un acordo no Pleno desta semana e sacar adiante unha proposición non de lei para a realización dun informe xurídico e histórico que permita ver que vías existen para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.

Continue reading

O PPdeG apoia demandar ao Goberno central o nomeamento de xuíces substitutos que atendan as situacións de colapso nos xulgados galegos

Santiago, 22 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que consigne unha dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces substitutos para o que queda de ano, que permitan atender as situacións de colapso máis urxentes e aquelas que teñen impacto específico na loita contra a violencia de xénero.
Continue reading