Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a utilizar os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para fomentar a diversificación da economía cara actividades agrarias e non agrarias sostibles no medio rural.
O Parlamento aproba instar á Xunta para que inicie a elaboración dos plans de ordenación dos distritos forestais
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que inicie o proceso de elaboración dos Plans de Ordenación dos Recursos Forestais (PORF) cun ámbito territorial de distritos, unha vez se remate o proceso de revisión do plan forestal.
Tellado: “No primeiro ano desta Lexislatura a Xunta quixo traducir o crecemento económico en benestar para os cidadáns”
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que, no seu afán por facer que a maioría dos galegos note a recuperación, no primeiro ano desta Lexislatura a Xunta “quixo traducir o crecemento económico en benestar para os cidadáns”.
Daniel Vega invita á oposición a visitar A Mariña para comprobar “o traballo que aquí se fai co eucalipto, de xeito ordenado e creando riqueza e emprego”
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega invitou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición, “que tanto critican o eucalipto, a visitar a comarca de A Mariña para comprobar o traballo que aquí se fai con esta especie arbórea, de xeito ordenado, cun monte limpo e creando riqueza e postos de traballo”.
Encarna Amigo:”A cerrazón de En Marea privou que se aprobara no Parlamento demandar á Xunta a construción do novo centro de saúde en Gondomar”
Santiago, 9 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo criticou que “a cerrazón de En Marea privara de que se aprobara no Parlamento unha proposición non de lei demandando á Xunta a construción do novo centro de saúde en Gondomar e que asuma todas as necesidades sanitarias deste concello”.
O Parlamento demanda que a Xunta elabore unha Guía Farmacoterapéutica común
Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a consolidar o Programa de Atención Farmacéutica nos centros sociosanitarios en Galicia mediante a elaboración dunha Guía Farmacoterapéutica común.
O GPP solicita o funcionamento continuado da OMIX de Vigo e que o Concello aproveite os recursos que oferta a Xunta para a xuventude
Santiago, 9 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marián García Míguez defendeu esta tarde no Parlamento o mantemento do funcionamento continuado da Oficina de Información Municipal Xuvenil (OMIX) de Vigo, ao tempo que demandou ao Concello que non desaproveite os recursos que oferta a Xunta de Galicia dirixidos á mocidade.
O Parlamento solicita a introdución das novas tecnoloxías e drons nas tarefas de vixilancia e control do furtivismo no mar
Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda que a Xunta continúe a actual liña para combater o furtivismo no mar, introducindo na medida das posibilidades os avances que as novas tecnoloxías nos ofrecen, como é o caso dos drons, para as tarefas de vixilancia e control.
O Parlamento demanda apoio do Goberno central e Xunta para estender ata Tánxer a autopista marítima de Vigo
Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta, apoiando a proposta da Autoridade Portuaria de Vigo, a demandar do Goberno do Estado e da Unión Europea a axilización dos trámites necesarios para lograr estender ata Tánxer a actual autopista marítima que une Vigo coa cidade gala de Nantes.
O Parlamento demanda que os plans reitores de seis parques naturais galegos e do parque nacional das Illas Atlánticas se aproben no prazo máximo de 12 meses
. Santiago, 8 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a avanzar na elaboración e dos plans reitores de uso e xestión dos seis parques naturais e do parque nacional das Illas Atlánticas de maneira que se aproben no prazo máximo de 12 meses, garantindo que conten cun amplo proceso de participación e do máximo consenso cos concellos, asociacións ecoloxistas e comunidades locais de cada ámbito territorial.