O PPdeG critica a “covardía política e desprezo ao principio de colaboración entre administracións de Carmela Silva ao negarse a comparecer no Parlamento

Santiago, 1 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe “a covardía política e desprezo ao principio constitucional de colaboración entre administracións” amosado pola presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, ao renunciar a comparecer no Parlamento para explicar os orzamentos desta institución provincial.

Continue reading

O Parlamento solicita a Política Lingüística a posta en marcha de cursos de coñecemento do galego en liña

Santiago, 24 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a avanzar na formación da lingua galega para adultos, a través de medidas como a posta en funcionamento do CELGA 4 en liña; ademais de potenciar e facilitar a realización dos exames que acrediten a competencia lingüística en galego.

Continue reading

Pedro Puy salienta que o gasto dos orzamentos para 2018 volva a niveis previos á crise económica

Santiago, 20 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o incremento do gasto nun 2,9 por cento nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 “supón recuperar os niveis previos á crise economica, cunha administración máis reorganizada”. Así mesmo, confirmou que o Presidente da Xunta comparecerá en Pleno no Parlamento galego “para facer unha valoración global dos incendios forestais con rigor, unha vez que teña toda a información sobre o acontecido nestes últimos días”.

Continue reading

Moisés Blanco salienta que os orzamentos da Xunta para 2018 recollen máis de 500.000 euros para o Hospital de Valdeorras

Santiago, 20 de outubro de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco, salientou hoxe que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 recollan unha partida orzamentaria de 520.000 euros para actuacións no Hospital de Valdeorras, “unha mostra máis da aposta do Goberno galego polos hospitais comarcais e a mellora da atención sanitaria que reciben todos os veciños desta comarca”.

Continue reading