O Parlamento aproba a primeira iniciativa non lexislativa popular para incluír na oferta educativa do bacharelato a obrigatoriedade da Historia da Filosofía

Santiago, 18 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade a primeira proposición non de lei de iniciativa popular, a través da que se insta á Consellería de Educación para que realice as adaptacións necesarias para incluír na oferta educativa do bacharelato a obrigatoriedade da Historia da Filosofía como materia troncal.

Continue reading

Martín Fernández: “Nunca ata o de agora ten habido un compromiso tan claro do Goberno de España co AVE a Galicia”

Santiago, 17 de outubro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou esta tarde no Parlamento que  “nunca ata o de agora ten habido un compromiso tan claro do Goberno de España co impulso do AVE a Galicia: temos unha data definitiva para a súa chegada no ano 2019 e temos tamén o compromiso de que será en dobre vía, o que é realmente importante e garantirá os mais altos estándares de calidade”.

Continue reading

O PPdeG critica que a oposición solicite hoxe actuacións en dependencia cando no DEA rexeitaron unha estratexia global e chegar aos 60.000 dependentes atendidos no 2018

Santiago, 17 de outubro de 2017.-  A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, criticou hoxe que os grupos da oposición “soliciten neste Pleno actuacións en materia de dependencia, cando no recente Debate sobre o Estado da Autonomía rexeitaron a resolución do Grupo Popular instando á Xunta a impulsar unha estratexia global de mellora do sistema de atención á dependencia, conseguindo chegar aos 60.000 dependentes durante o vindeiro 2018”.

Continue reading

Teresa Egerique asegura que a nova lei de Portos mantén intactas as potestades públicas de controlar todas as actividades de tráfico portuario

Santiago, 17 de outubro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que o proxecto de Lei de Portos de Galicia, que continúa a súa tramitación parlamentaria logo de rexeitarse as emendas á totalidade dos grupos da oposición, “mantén intactas as potestades públicas de posibilitar, autorizar e controlar todas as actividades marítimas e terrestres relacionadas co tráfico portuario e as de fomento das actividades comerciais, industriais e de servizos”.

Continue reading

Pedro Puy afirma que “Galicia non arde, quéimana” e pide que “os incendiarios non deben quedar impunes”

Santiago, 16 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, subliñou hoxe que “Galicia non arde, quéimana”, polo que manifestou que “os incendiarios non deben quedar impunes”. “Agradecemos e pedimos a colaboración cidadá para denunciar calquera actividade que poida estar relacionada con esta vaga de lumes e confiamos que as forzas de seguridade e a Xustiza traballen para que estes graves delitos, que teñen como consecuencia a ruína e a morte dalgunhas persoas, non queden sen a debida sanción”, indicou.

Continue reading

Tellado: “As empresas que busquen estabilidade política e económica para crear emprego poden escoller Galicia”

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa este venres na que subliñou que “desde o Partido Popular de Galicia cremos que as empresas que queiran instalarse e crear emprego de calidade en Galicia deben ter unha alfombra vermella para facelo” e aconselloulle ás empresas que busquen estabilidade política e económica que escollan a nosa Comunidade porque “van atopala”.

Continue reading