Santiago, 18 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a realizar os trámites para a declaración e a inclusión do Colexio de Nosa Señora da Antigua de Monforte na relación de bens de interese cultural.
Continue reading
María Antón Vilasanchez: A Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta para a exposición pública do túnel aparecidio no cubo VI da Muralla Romana
Santiago, 18 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón manifestou hoxe no Parlamento que a Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta de convenio para a exposición pública dos restos do túnel que apareceu na escavación do cubo VI da Muralla Romana de Lugo. “Agardamos que o Concello non tarde outros cinco meses, como fixo no caso de dar a súa conformidade á solicitude da Consellería para musealizar estes restos arqueolóxicos, tempo no que a mesma Consellería foi quen de licitar dúas intervencións máis para a restauración dos cubos 19, 70, 71 e 80, por un importe superior aos 700.000 euros, o que amosa o compromiso da Xunta coa posta en valor deste patrimonio mundial”, indicou.
O Grupo Popular avoga por concienciar e formar á sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso
Santiago, 18 de maio de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, avogou hoxe no Parlamento por “concienciar e formar ao conxunto da sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso dentro e fóra das mesmas”. Para isto, puxo en valor a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 posta en marcha pola Xunta de Galicia, que recolle os pasos a dar ante unha posible situación de acoso ou ciberacoso, así como as diferentes estratexias de prevención.
O Parlamento demanda á Xunta o inicio en 2017 das obras da variante de Aradas en Santiago e o seu remate en 2019
Santiago, 16 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde por unanimidade unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta ao Goberno galego a iniciar as obras da variante de Aradas en Santiago no ano 2017, co obxectivo de que estean finalizadas no ano 2019.
O Parlamento de Galicia aproba demandar a Fomento unha rehabilitación estrutural do firme da N-120,especialmente no tramo de Valdeorras a Monforte
Santiago, 16 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento que impulse unha rehabilitación estrutural do firme da estrada Nacional-120, especialmente no tramo que transcorre desde Valdeorras ata Monforte de Lemos. Así mesmo, o deputado popular Moisés Blanco asegurou que “nin o PP, nin Valdeorras, nin a terra de Lemos, nin O Bierzo imos permitir que grupos políticos como En Marea paralicen a construción da autovía A-76”.
O Grupo Popular defenderá no Pleno a promoción das axudas para rehabilitar vivendas nos Camiños de Santiago e a regulación da publicidade sanitaria
Santiago, 16 de maio de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta de Galicia manteña e promova as axudas para a rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago e que o Goberno central mellore e clarifique a regulación da publicidade sanitaria para evitar anuncios enganosos.
O Grupo Popular solicita que se garanta o pago das prestacións aos pensionistas retornados de Venezuela
Santiago, 15 de maio de 2017.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que solicita ao Goberno central que promova as accións legais que sexan oportunas para que o Goberno de Venezuela cumpra o convenio bilateral de Seguridade Social entre España e Venezuela, de xeito que garanta o pago do importe íntegro das cantidades adebedadas e a continuidade das prestacións dos pensionistas retornados. Así mesmo, mentres non se resolvan estes problemas, demándase ao Goberno español que facilite que estes pensionistas poidan recibir axudas sociais.
O PPdeG pon hoxe a primeira pedra para mellorar as capacidades comunicativas do partido co seu I Torneo de Debate
Santiago, 13 de maio 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que o PPdeG pon hoxe a primeira pedra para mellorar as capacidades comunicativas do partido coa celebración do seu I Torneo de Debate.
Segundo sinalou, “a mellora da oratoria e as nosas capacidades de comunicación foi unha materia pendente durante moitos anos. E sempre que atopamos algo a mellorar, poñémonos como deberes melloralo”. Nese senso, engadiu que a intención é que este tipo de eventos se convertan nun ámbito de traballo con máis percorrido no tempo.
Tellado destaca con Pablo Casado a unidade de mensaxe do PPdeG en calquera punto do país fronte ás desavenencias de En Marea
A Coruña, 12 de maio 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, salientou esta mañá a unidade de mensaxe do PPdeG en calquera punto do país fronte ás desavenencias de En Marea. Así, indicou que “unha das nosas grandes fortalezas é que somos un partido que, respectando as características de cada lugar, podemos facer o mesmo discurso tanto a nivel local, como autonómico e nacional”.
Continue reading
O Grupo Popular apoia a inclusión da Podoloxía na carteira básica do Sistema Nacional de Saúde
Santiago, 11 de maio de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe no Parlamento que o Goberno central inclúa a Podoloxía na carteira básica do Sistema Nacional de Saúde, dotándoa dun financiamento xusto e necesario para a súa posta en marcha e desenvolvemento.
Así mesmo, Núñez Centeno avogou porque a Consellería de Sanidade remate o estudo que se está a levar a cabo para asinar e poñer en marcha un convenio ou acordo de colaboración co Colexio de Podólogos para realizar actividades conxuntas, do mesmo xeito que se está a facer noutras comunidades autónomas nas que existe este servizo.
SOLUCIÓN TEMPORAL
“Pensamos que este convenio, do que se falou nunha reunión entre representantes do Colexio Profesional de Podólogos de Galicia e da Consellería, pode solucionar temporalmente a situación da podoloxía, ata que no Consello Interterritorial se aprobe a inclusión da podoloxía na carteira común de servizos”, manifestou.
Núñez Centeno afirmou que, diante do compromiso dos catro grandes partidos en Madrid, PP,PSOE, Podemos e Ciudadanos, de impulsar no interterritorial a inclusión da podoloxía da carteira común, non ten moito sentido abordar neste intre a inclusión dos servizos de podoloxía na carteira complementaria”.