A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou que a proposición de lei de reforma do regulamento do Parlamento defendida hoxe polo grupo de En Marea “xa está recollida na Lei de Transparencia de Galicia, que no seu artigo 19 esixe que o Goberno galego publique anualmente no portal de transparencia un informe respecto do grao de cumprimento das iniciativas aprobadas na Cámara galega”.
O PPdeG salienta que o obxectivo da ILP sobre o Hospital de Montecelo xa está asegurado co convenio entre a Xunta e o Concello de Pontevedra e coas actuacións en marcha
O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira cualificou hoxe de “loable” a iniciativa lexislativa popular debatida esta mañá no Pleno do Parlamento para a ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra, pero salientou que “o seu obxectivo xa está asegurado co convenio asinado pola Xunta e o Concello, co apoio explícito de todas as forzas políticas presentes na corporación municipal de Pontevedra, e coas actuacións xa en marcha”.
Jacobo Moreira agradeceu “a todas as persoas que están a participar no proceso de elaboración do Plan Funcional e tamén aos impulsores desta iniciativa lexislativa popular a súa actividade en prol dunha mellor sanidade pública na área de Pontevedra e lles aseguramos que os pasos dados ata o de agora garanten que, aínda sen rango legal, as administracións galegas estarán a altura do seu esforzo e dotarán a Pontevedra dun gran hospital público”.
Na súa exposición, Moreira lembrou que “ningún centro hospitalario en Galicia está regulado por lei, nin entendemos razoable que así o sexa, e coido que niso deberíamos estar de acordo todos os grupos políticos”. “Non é o marco legal o lugar para definir xeograficamente a localización de infraestruturas e moito menos os servizos sanitarios”,indicou.
AVANCES
Entre os avances realizados desde a presentación desta iniciativa lexislativa popular, o deputado do PPdeG salientou o “pleno consenso existente entre o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia, que se fraguou coa sinatura o 26 de xullo de 2016 dun convenio de cooperación para a execución das obras do Gran Montecelo”. “Este convenio ten ademais un plus de consenso: o apoio explícito e por unanimidade de todas as forzas políticas representadas na corporación municipal de Pontevedra, entre as que se atopan o PP, o BNG, o PSOE e Marea, para levar a cabo a ampliación de Montecelo”, subliñou Jacobo Moreira.
Así mesmo, engadiu que neste acordo “queda garantida o financiamento público da construción deste novo hospital”, xa que no mesmo a Xunta comprométese a contratar, dirixir e executar as obras de ampliación do hospital con cargo aos seus propios orzamentos.
Respecto do edificio do hospital provincial, Jacobo Moreira afirmou que “manterá o uso sanitario, pero non estamos en disposición de vetar outros usos que sexan compatibles co sanitario”. “Non hai que perder de vista que actualmente xa se desenvolven nese edificio usos non sanitarios, como o uso docente ao atoparse nel a Escola de Enfermería, centro público adscrito á Universidade de Vigo e dependente da Deputación de Pontevedra”, concretou.
PROXECTO COLECTIVO
Moreira tamén sinalou que a iniciativa lexislativa popular “adianta acontecementos ao definir cales son os servizos que deben quedarse no Hospital Provincial antes de coñecer qué novos servizos se van incorporar na ampliación do Gran Montecelo”. Deste xeito, apuntou que “ao definir de xeito tan pechado os servizos estaríamos indo contra o proceso que ten iniciado a Consellería de Sanidade e que dende o Grupo Popular cremos que é o axeitado: un proceso aberto de consultas sobre o plan funcional do Hospital”.
“O deseño do proxecto para o Gran Montecelo de Pontevedra está concibido como un proxecto colectivo, no que se busca a participación e colaboración de todos os axentes implicados, cidadáns, pacientes e institucións”, salientou o deputado popular, quen lembrou que máis de 300 profesionais traballan no plan funcional do novo hospital público e case 2.400 persoas participaron na enquisa pública realizada para coñecer aspectos como a frecuentación dos pacientes, os accesos ao centro, as habitacións, as consultas, o hospital de día, as urxencias, a área cirúrxica ou as salas de espera.
O Grupo Popular demandará no Pleno axudas para a rehabilitación de vivendas nos arredores de todos os Camiños de Santiago
Santiago, 22 de maio de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno de mañá á promoción das axudas para a rehabilitación de vivendas nos arredores de todos os Camiños de Santiago como mínimo ata o vindeiro ano 2020.
O GPP salienta a creación de 198 novas prazas do Imelga para mellorar e garantir a protección das vítimas, en especial as de violencia contra a muller
Santiago, 19 de maio de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe no Parlamento a creación de 18 novas prazas de psicólogo, traballador social e médicos forenses no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) co obxectivo de mellorar e garantir a protección das vítimas, especialmente as vítimas de violencia contra a muller.
O Parlamento aproba por unanimidade a proposta do PPdeG para a Declaración do ColexioNosa Señora da Antigua de Monforte como Ben de Interese Cultural
Santiago, 18 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a realizar os trámites para a declaración e a inclusión do Colexio de Nosa Señora da Antigua de Monforte na relación de bens de interese cultural.
Continue reading
María Antón Vilasanchez: A Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta para a exposición pública do túnel aparecidio no cubo VI da Muralla Romana
Santiago, 18 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón manifestou hoxe no Parlamento que a Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta de convenio para a exposición pública dos restos do túnel que apareceu na escavación do cubo VI da Muralla Romana de Lugo. “Agardamos que o Concello non tarde outros cinco meses, como fixo no caso de dar a súa conformidade á solicitude da Consellería para musealizar estes restos arqueolóxicos, tempo no que a mesma Consellería foi quen de licitar dúas intervencións máis para a restauración dos cubos 19, 70, 71 e 80, por un importe superior aos 700.000 euros, o que amosa o compromiso da Xunta coa posta en valor deste patrimonio mundial”, indicou.
O Grupo Popular avoga por concienciar e formar á sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso
Santiago, 18 de maio de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, avogou hoxe no Parlamento por “concienciar e formar ao conxunto da sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso dentro e fóra das mesmas”. Para isto, puxo en valor a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 posta en marcha pola Xunta de Galicia, que recolle os pasos a dar ante unha posible situación de acoso ou ciberacoso, así como as diferentes estratexias de prevención.
O Parlamento demanda á Xunta o inicio en 2017 das obras da variante de Aradas en Santiago e o seu remate en 2019
Santiago, 16 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde por unanimidade unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta ao Goberno galego a iniciar as obras da variante de Aradas en Santiago no ano 2017, co obxectivo de que estean finalizadas no ano 2019.
O Parlamento de Galicia aproba demandar a Fomento unha rehabilitación estrutural do firme da N-120,especialmente no tramo de Valdeorras a Monforte
Santiago, 16 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento que impulse unha rehabilitación estrutural do firme da estrada Nacional-120, especialmente no tramo que transcorre desde Valdeorras ata Monforte de Lemos. Así mesmo, o deputado popular Moisés Blanco asegurou que “nin o PP, nin Valdeorras, nin a terra de Lemos, nin O Bierzo imos permitir que grupos políticos como En Marea paralicen a construción da autovía A-76”.
O Grupo Popular defenderá no Pleno a promoción das axudas para rehabilitar vivendas nos Camiños de Santiago e a regulación da publicidade sanitaria
Santiago, 16 de maio de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta de Galicia manteña e promova as axudas para a rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago e que o Goberno central mellore e clarifique a regulación da publicidade sanitaria para evitar anuncios enganosos.