Santiago, 27 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a traballar conxuntamente cos gandeiros no fortalecemento das organizacións de produtores como instrumento para reforzar a súa capacidade na negociación das condicións de venda do leite e a participación na comercialización e valor engadido da produción.
O PPdeG pide á oposición que non confunda aos emigrantes retornados porque todos os que reciben pensións de máis de 12.000 euros teñan obriga de pagar IRPF
Santiago, 26 de abril de 2017.- O deputado do Grupo Popular José González Vázquez demandou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición que “non confundan aos emigrantes retornados porque todos aqueles que reciban pensións superiores a 12.000 teñen a obriga de pagar o imposto da renda”. Neste sentido, criticou que pidan a exención de presentar a declaración do IRPF para os pensionistas retornados, o que “faría de peor condición non só aos pensionistas españois senón tamén aos emigrantes retornados que xa están pagando con normalidade o seu IRPF”.
O Parlamento aproba demandar ao Goberno central a modernización da conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol
Santiago, 26 de abril de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha iniciativa impulsada polo Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno do Estado o impulso da modernización da conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol, establecendo fases sucesivas para o desenvolvemento das actuacións de xeito que a súa progresiva posta en servizo permita ir acurtando os tempos de percorrido. “Os ferroláns merecen un tren á altura da nova era do transporte que abrirá o AVE a Galicia, e que xa empezan a gozar os usuarios do eixo atlántico ferroviario”, manifestou o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado.
O Parlamento insta ao Goberno galego a apoiar os centros de FP como impulsores da innovación no sector empresarial
Santiago, 26 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a apoiar aos centros de formación profesional como verdadeiros impulsores da innovación no sector empresarial galego, aproveitando a súa implantación territorial como unha auténtica rede de innovación e relación co mundo produtivo.
A vicevoceira do GPP defende que o Goberno galego aprobe un novo plan de medidas para a contratación pública no sector público autonómico
Santiago, 26 de abril de 2017.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, defendeu hoxe no Parlamento que o Goberno galego “afonde nas medidas xa aplicadas nos últimos anos de mellora da contratación e aprobe un novo plan de medidas para a contratación pública no ámbito do sector público autonómico”.
O PPdeG avoga polo traballo honesto,serio,rigoroso e responsable para atender as demandas do persoal fixo-descontinuo do Servizo contra incendios forestais
Santiago, 25 de abril de 2017.- O portavoz de Montes do Grupo Popular, José Silvestre Balseiros, avogou hoxe no Parlamento por traballar “de xeito honesto, serio, rigoroso e responsable” para avanzar cara a consecución das demandas dos 436 traballadores fixos descontinuos do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.
Pazos Couñago:”Os socialistas varían a súa posición sobre as relacións do Estado coa Igrexa católica en función do espazo institucional que ocupe o partido”
Santiago, 25 de abril de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que “a posición dos socialistas no que fai referencia ás relacións Estado español-Igrexa católica varíe substancialmente en función do espazo institucional que ocupe o seu partido”. “Espero que vostedes comecen a amosar un pouco de coherencia e manteñan na oposición posturas similares ás que tiñan no goberno, posturas razoables e non disparatadas”, apuntou.
Núñez Centeno:”O transporte sanitario urxente é o servizo sanitario mellor valorado polos galegos “
Santiago, 25 de abril de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou esta mañá no Parlamento que o transporte sanitario urxente é “o servizo sanitario mellor valorado por parte da cidadanía galega e considerado por outras comunidades autónomas como modelo de actuación”.
Puy afirma que o Goberno traballa nunha reforma da Lei do Rexistro Civil que “non supoña a desaparición de oficinas en Galicia”
Santiago, 24 de abril de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que, do mesmo xeito que acontece cos rexistros da propiedade, o Goberno central traballa nunha modificación da Lei 20/2011 do Rexistro Civil que “non supoña a supresión de ningún rexistro en Galicia, que se manteñan dentro do ámbito da Administración de Xustiza e sigan sendo públicos e gratuítos”.
Pedro Puy asegura que “as cousas teñen mudado moito” na loita contar a corrupción
Santiago, 23 de abril de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que na loita contra a corrupción “as cousas teñen mudado moito” e todas as situacións coñecidas nas últimas datas “demostran que a Xustiza está actuando sen ningún tipo de interferencia do poder político e tomando decisións que no pasado eran posiblemente moito máis difíciles de adoptar”.