Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se solicita que o Goberno central inclúa no vindeiro cumio hispano-luso un acordo sobre a modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto antes de 2020. En concreto, demándase o impulso do proxecto da saída sur de Vigo, unha alternativa ao paso da vía férrea por Porriño ou a mellora da seguridade do trazado suprimindo os pasos a nivel.
O PPdeG solicita que Fomento dote de conexión ferroviaria ao porto exterior de A Coruña no menor prazo de tempo posible
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento solicitar ao Ministerio de Fomento que axilice o proceso administrativo para a conexión ferroviaria do porto exterior de A Coruña, “tendo presente que xa está previsto que para este verán se entregue á Autoridade Portuaria o proxecto construtivo”.
O Grupo Popular reitera a necesidade de que Fomento modernice a conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei do Grupo Socialista, “coincidente coas nosas propostas ao demandar a modernización da conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol, de tal xeito que non só se permita conectar a cidade departamental dun xeito rápido e moderno co eixo atlántico ferroviario e co AVE á Meseta, senón que se converta nun importante elemento estruturador metropolitano, mellorando o transporte de cercanías na rexión urbana A Coruña-Ferrol”, sinalou o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado.
GPP defenderá no pleno que Xunta e Fegamp determinen os investimentos prioritarios en obras hidráulicas e establezan unha tarifa de referencia
Santiago, 14 de marzo de 2017.- A Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) determinen os investimentos prioritarios en materia de obras hidráulicas, establecendo unha estrutura tarifaria de referencia; así como o despregamento de redes de telecomunicación de nova xeración de moi alta capacidade en Galicia, de xeito que antes do 1 de xaneiro de 2020 o 90 por cento da poboación rural galega dispoña de conexión a internet de 30 megabytes.
Puy salienta que a Comisión de Caixas ten capacidade para facer un ditame “plausible e realista” do que aconteceu desde antes da crise
Santiago, 13 de marzo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que, coa documentación existente na Comisión de Investigación sobre as caixas galegas, á que se sumarán novas sentenzas e os informes publicados nos últimos tempos, ademais de todas as comparecencias que tiveron lugar, “hai capacidade para facer un ditame cunha visión plausible e realista do que aconteceu” con estas entidades financeiras galegas desde antes da crise económica ata a súa venda.
O Grupo Popular visita a Denominación de orixe Monterrei, que precisa incrementar a superficie de viñedo para atender o importante crecemento dos últimos anos
Santiago, 11 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, xunto co tamén deputado popular Carlos Gomez Salgado, visitaron onte o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, onde mantiveron una entrevista co presidente e a secretaria da entidade, José Antonio Da Silva Pereira e Natalia González Rodríguez, respectivamente.
O Grupo Popular estuda coa IXP Pataca de Galicia a posta en marcha dunha campaña de promoción deste produto
Santiago, 10 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural, José González, e o deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado reuníronse esta mañá cos responsables da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, con quen estudaron a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de promoción deste produto.
Feijóo pide ao PPdeG a mesma proximidade coa que gañaron en 2009, 2012 e 2016 para recuperar o poder local nas municipais
Santiago, 11 de marzo de 2017.– O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao seu partido a mesma proximidade cos cidadáns coa que lograron gañar as eleccións nos anos 2009, 2012 e 2016 para poder recuperar o poder local nas vindeiras eleccións municipais de 2019.
Julia Rodríguez solicita á Xunta o impulso da promoción do Porto Seco de Monforte e a súa conversión nun centro preferente do movemento de mercadorías
Santiago, 10 de marzo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia a través da que solicita que a Xunta de Galicia impulse iniciativas que permitan a promoción do Porto Seco de Monforte e a súa conversión nun centro preferente do movemento de mercadorías por ferrocarril e plataforma loxística, dentro do Plan de Optimización Loxística de Galicia.
A Comisión de investigación das caixas galegas aproba as súas normas de funcionamento sen votos en contra
Santiago, 10 de marzo de 2017.- A Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro galegas e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos celebrou esta mañá unha sesión na que se aprobou, sen ningún voto en contra, as súas normas de funcionamento. Así mesmo, abriuse un prazo ata o vindeiro sábado 18 de marzo para que os grupos parlamentarios poidan formular suxestións para a elaboración do plan de traballo.