O Parlamento galego solicita a incorporación á sanidade pública galega de equipos de cirurxía robotizada nas intervencións de traumatoloxía

19 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se insta á Xunta de Galicia a continuar avanzando na incorporación á sanidade pública galega de equipos tecnolóxicos punteiros de cirurxía robotizada, incidindo agora naqueles que dean soporte e mellores prestacións a profesionais e pacientes nas intervencións de cirurxía traumatolóxica.

Continue reading

O Grupo Popular solicitará no Pleno que o Goberno central cumpra co Pacto de Estado por Ferrol e mellore a atención aos cidadáns nas oficinas da Seguridade Social

18 de abril de 2023. O Grupo Popular solicitará no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana que o Goberno central sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias, desenvolvendo as medidas previstas no Pacto de Estado presentado en 2021, e adopte as medidas de reforzo necesarias para superar de xeito inmediato as deficiencias existentes nos servizos de atención á cidadanía da Seguridade Social, habilitando un protocolo específico para as persoas maiores de 65 anos.

Continue reading

Pedro Puy alerta da deriva “centralizadora” do Goberno de Pedro Sánchez, que da un paso máis coa nova Lei de vivenda

17 de abril de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou hoxe no Parlamento galego da deriva “centralizadora” que está a adoptar o Goberno de Pedro Sánchez, xa que á xestión dos fondos europeos ou a imposición do imposto ás grandes fortunas nalgunhas comunidades súmase agora a nova Lei de vivenda, que se elaborou sen contar coas comunidades autónomas a pesar de ter competencias nesta materia.

Continue reading

Paula Prado: “Os candidatos do PPdeG son os que máis se parecen a Galicia, aos seus concellos e aos seus veciños”

14 de abril de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afirmou hoxe que os candidatos e candidatas da súa formación ás eleccións do vindeiro 28 de maio son “os que máis se parecen a Galicia, aos seus concellos e aos seus veciños e veciñas” e que “recollen a experiencia e o coñecemento do pasado, os feitos que demostran cada día en presente e sobre todo as ganas e a ilusión por acadar un futuro mellor para os seus veciños”.

Continue reading

O Parlamento galego solicita ao Goberno central unha reunión urxente do comisario do Corredor Atlántico coas comunidades do noroeste

11 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a convocatoria urxente dunha xuntanza do comisario do Corredor Atlántico coas comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León para tratar as necesidades específicas desta infraestrutura de comunicación, para o que se pide un investimento de 8.000 millóns de euros en actuacións prioritarias.

Continue reading

O Grupo Popular defende unha transferencia da AP-9 acompañada de recursos para a súa explotación e para as obras pendentes

11 de abril de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que desde o PPdeG “defendemos e seguiremos defendendo os intereses lexítimos dos galegos demandando que a titularidade da AP-9 veña acompañada dos recursos necesarios para a súa correcta explotación e dos investimentos precisos para levar a cabo as obras pendentes”.

Continue reading

O PPdeG critica que o BNG pida melloras nos xulgados cando apoia ao Goberno de Pedro Sánchez, que permitiu unha folga que paralizou a Xustiza e facilita que agresores sexuais saian á rúa

11 de abril de 2023. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou no Pleno do Parlamento galego que o BNG “veña hoxe pedindo máis medios, mellor atención ou menos dilacións nos xulgados galegos cando permitiu, apoiando ao Goberno de Pedro Sánchez, que unha folga paralizase a xustiza en España e Galicia ou facilitaran que agresores sexuais saíran á rúa antes de tempo ou gocen dunha pena de cárcere inferior á imposta inicialmente”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central a transferencia a Galicia de fondos europeos para a súa xestión directa

11 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a transferencia a Galicia de fondos europeos para a súa xestión directa, co obxectivo de garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos, ao igual que ten feito con outras comunidades autónomas.

Continue reading