O Grupo Popular apoia no Pleno pedir ao Goberno central que non permita a suba de peaxes da AP-9 e da AP-53

O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se pide ao Goberno central que non permita a suba das peaxes da AP-9 e AP-53, pola súa incidencia moi negativa nas economías familiares e en sectores económicos estratéxicos nun contexto de suba desmesurada dos prezos. “Non estamos a pedir algo imposible, porque o Goberno de Pedro Sánchez tan só debe seguir o exemplo marcado polo Goberno galego nas autoestradas da súa titularidade, conxelando as peaxes para evitar unha suba moi negativa para as economías familiares e para sectores estratéxicos como o transporte”, indicou o portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro.

Continue reading

O Parlamento de Galicia pide elaborar un Plan galego de prevención do cancro de pulmón

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se insta á Xunta a elaborar un Plan galego de prevención do cancro de pulmón no que se empreguen métodos innovadores de detección para facer deste programa unha iniciativa pioneira a nivel estatal. “Este tipo de cancro é o terceiro en frecuencia, detectándose cada ano arredor de 30.000 novos casos en toda España, pero se sitúa como a primeira causa de morte por cancro, estimándose que está detrás de máis de 22.000 falecementos cada ano”, explicou a deputada popular Marta Rodríguez-Vispo.

Continue reading

O Parlamento aproba a Lei de medidas fiscais e administrativas, con medidas para reducir os impostos, a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero ou a baixa do canon de Sogama

20 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2023, que “permitirá mellorar a vida dos cidadáns e ser máis útiles aos galegos con medidas como a redución de impostos, a protección das vítimas de violencia de xénero ou a baixada do canon de SOGAMA”, manifestou a viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado.

Continue reading

O Parlamento galego aproba os orzamentos da Xunta para 2023, que engaden un plus de estabilidade económica é estabilidade política

20 de decembro de 2022. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe os orzamentos da Xunta para 2023, “unhas contas que engaden un plus de estabilidade económico e financeira á estabilidade política que vive a Comunidade galega”, salientou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy. Neste sentido, puxo como retos para o vindeiro ano “a transformación enerxética e dixital de Galicia como vía para o crecemento e a xeración de emprego de calidade”.

Continue reading

Pedro Puy salienta que os orzamentos da Xunta para 2023 facilitarán un maior apoio ás familias para paliar a perda de poder adquisitivo derivado da inflación

19 de decembro de 2022. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2023, que mañá serán aprobados polo Pleno do Parlamento galego, “contribuirán a facer que na situación actual, na que o máis significativo é a perda de poder adquisitivo que xera a inflación, a cidadanía teña un maior apoio por parte do sector público autonómico”.

Continue reading

Paula Prado: “Vilalba ten que apostar en 2023 polo goberno serio, rigoroso e solvente que ofrece Sandra Vázquez”

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, mostrouse hoxe convencida de que Vilalba en 2023 “ten que apostar por un goberno con seriedade, rigorosidade e solvencia como é un goberno do PP”, para así “darlle voz a esa maioría de veciños que queren un concello que se preocupe polos seus problemas e deixe a política de confrontación”.

Continue reading

O Parlamento galego pide que se incentive a contratación de seguros agrarios, especificamente para as explotacións vitivinícolas

16 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta incentive a contratación de seguros agrarios, impulsando especificamente a contratación dos mesmos en todas as explotacións vitivinícolas que estean asociadas ás denominacións de orixe, coa finalidade de estar cubertos ante calquera eventualidade ou fenómeno meteorolóxico extraordinario. Así mesmo, pídese o fomento da promoción do sector vitivinícola, concretamente dos viños galegos con denominación de orixe, en países da Unión Europea e fora da mesma.

Continue reading