O Parlamento galego pide ao Goberno central analizar a situación dos mutualistas alternativos para promover unhas xubilacións dignas

12 de xullo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio nin de BNG nin de PSdeG, a través da que se pide ao Goberno de España que, en diálogo e coa participación dos colexios profesionais da avogacía e da procuradoría, impulse a aprobación dunha nova Lei de Dereito de Defensa que inclúa a extensión da regulación da quenda de oficio e da asistencia xurídica gratuíta para contemplar expresamente este dereito ás persoas xurídicas, que a intervención dos profesionais designados de oficio sexa indemnizada sempre que realicen algunha actuación e facilite a conciliación de vida laboral e familiar destes profesionais.

Continue reading

Paula Prado considera que Feijóo foi o “claro gañador” do debate de onte, mentres que Pedro Sánchez “mostrou a súa incomodidade por escoitar que en cinco anos non fixo nada por resolver os problemas da xente”

A secretaria xeral do PPdeG reivindica que “se A Mariña tivo voz no Congreso e no Senado na pasada lexislatura non foi grazas a Pedro Sánchez, senón aos representantes do PP que levaron alí os problemas, as inquedanzas e as necesidades de toda a comarca”

Continue reading

O PP aposta por acadar a igualdade real e efectiva mediante leis eficaces e consensuadas: “A igualdade debe ser un motivo de unión e non de enfrontamento”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a número 2 ao Senado pola Coruña, Verónica Casal, participaron hoxe nun acto sectorial celebrado en Ferrol para abordar as propostas incluídas no programa electoral do Partido Popular co obxectivo de acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres en España. Un obxectivo para o que propoñen “leis eficaces e froito do consenso”, xa que, na súa opinión, “a igualdade debe ser un motivo de unión e non de enfrontamento”.

Continue reading

Alfonso Rueda remarca a diferenza entre a campaña “de rúa e de gran mobilización” do PP fronte á dun PSOE “de baixa intensidade, cun candidato virtual e incapaz de mobilizar”

O presidente do PPdeG referiuse ao cara a cara de onte contrapoñendo a un Sánchez “irritado e incapaz de contestar a practicamente ningunha das propostas que se plantexaron” fronte a “un ourensán dos Peares que deu a talla e demostrou que pode ser un magnífico presidente de España”.

Continue reading

Paula Prado: “Mañá a Praza de Touros de Pontevedra será a Praza de Todos e o comezo do cambio que España necesita”

8 de xulo de 2023. Nunha visita de supervisión dos traballos de montaxe do gran acto central de campaña, a secretaria xeral do PPdeG indicou que 12.000 persoas serán as que mañá volverán encher a Praza de Touros de Pontevedra, o lugar onde se fraguaron as vitorias de Alberto Núñez Feijóo en Galicia desde 2009 e, polo tanto, un “emblema e talismán” para a formación.

Continue reading