3 de novembro de 2022. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe no Parlamento galego que “a única razón da ausencia da presidenta da Deputación de Pontevedra para explicar os orzamentos desta institución é a súa incapacidade para manter un debate libre, no que non pode negar a palabra ao discrepante, como fai habitualmente na Deputación co apoio cómplice do BNG de Ana Pontón”.
O Grupo Popular salienta que o orzamento da Deputación de Ourense “será clave para afrontar a reactivación económica e social”
3 de novembro de 2022. O deputado do Grupo Popular José Luís Ferro Iglesias asegurou hoxe no Parlamento galego que o orzamento da Deputación de Ourense para 2023 “será clave para recuperar capacidade e afrontar a necesaria reactivación económica e social nun período pospandemia”.
O Grupo Popular critica que a Deputación de Lugo manteña conxelado o Plan Único para 2023 cando prometeu incrementalo nun 25 por cento
3 de novembro de 2022. O deputado do Grupo Popular Daniel Vega criticou hoxe no Parlamento de Galicia ao presidente da Deputación Provincial de Lugo que “manteña conxelado o Plan Único para o vindeiro 2023 logo de ter prometido incrementalo nun 25 por cento”. Así mesmo, lamentou que a partida para investimento en estradas se manteña nos 10 millóns de euros, “a pesar de que o señor Campos e a señora Candia acordaran incrementala ata os 15 millóns de euros”.
Rueda: “O Lugo que ofrece o PP é o que queren a maioría dos lucenses e por iso continuaremos facendo a política máis útil para a provincia”
Na Xunta Directiva Provincial de Lugo, o presidente do PPdeG puxo en valor o traballo dos populares de Lugo “pisando a rúa nos seus 67 concellos, falando coa xente, preparando un proxecto que devolva a ilusión aos lucenses, recollendo e mellorando o traballo feito e facendo a política máis útil para a provincia”.
O Grupo Popular critica que o presidente da Deputación de A Coruña pida máis fondos cando a execución do orzamento non chega ao 30% e conta con máis de 221 millóns de remanente
3 de novembro de 2022. O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo criticou hoxe no Parlamento galego que o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, “pida máis recursos para as entidades locais cando é incapaz de executar o orzamento desta institución, este ano non chega ao 30 por cento, e conta con máis de 221 millóns de euros de remanente nas entidades bancarias”.
Pedro Puy sitúa a Galicia como “a mellor proba” de eficiencia ao facer compatible as rebaixas fiscais co mantemento dos servizos públicos
31 de outubro de 2022. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, situou hoxe a Galicia como “a mellor proba” de eficiencia cos recursos públicos, porque demostrou que “é compatible facer rebaixas fiscais selectivas apropiadas para unha situación concreta, neste caso que favorecen as rendas máis baixas, ao mesmo tempo que se mantén a calidade dos servizos públicos”.
O PPdeG reivindica os Orzamentos da Xunta para 2023 como exemplo do compromiso coa educación: maior investimento da historia, aumento das axudas para material escolar e impulso á FP
Paula Prado e Román Rodríguez visitan coa Comisión de Educación, presidida por Ovidio Rodeiro, o novo Centro de Innovación Educativa e Dixital
Rueda asegura que Lugo e España necesitan gobernos do PP, os únicos que poden aportar aos cidadáns “certezas e solucións”
Hoxe, xunto a Alberto Núñez Feijóo e Elena Candia na tradicional pulpada do PP de Lugo
Paula Prado salienta que os deputados do PPdeG son os únicos galegos que rexeitan no Congreso uns Orzamentos Xerais prexudiciais para Galicia
O PPdeG pide a comparecencia dos ministros de Transportes e Pesca e esixe que aclaren se o Goberno prevé descender ao pecio do Villa de Pitanxo
Os deputados galegos Joaquín García Díez e Jaime de Olano solicitan, a través dunha serie de iniciativas presentadas na Cámara Baixa, que se expliquen os motivos do cambio de postura do Goberno central e critican que os familiares das vítimas non fosen informadas