O Grupo Popular pide ao Goberno central estender a conectividade ultrarrápida a toda a poboación galega

Santiago, 11 de outubro de 2022.-  A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez demandou hoxe no Parlamento galego ao Goberno central que defina, comunique e poña en marcha as actuacións do programa UNICO para estender a conectividade ultrarrápida á totalidade da poboación galega e acelerar o despregamento de redes e servizos 5G, tendo en conta as particularidades do territorio galego á hora de dificultar a extensión de redes fixas.

Continue reading

Pedro Puy insiste na urxencia de que a pesca de fondo teña seguridade xurídica e garantías sobre as zonas nas que pode realizar a súa actividade

Santiago, 10 de outubro de 2022.-  O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, insistiu hoxe no Parlamento galego que é “urxente aportar á flota pesqueira que utiliza artes de fondo seguridade xurídica e garantías en relación ás zonas nas que pode realizar a súa actividade e de que xeito”, polo que considerou “imprescindible que desde o Goberno de Pedro Sánchez se axilice a elaboración e presentación do recurso para frear este veto, solicitando a súa suspensión temporal e avanzar na vía da moratoria”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda a elaboración do Plan de acción anual en materia de recuperación agraria

Santiago, 7 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita a elaboración do Plan de acción anual en materia de recuperación agraria,  regulado na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así mesmo, incorporouse a emenda socialista coa solicitude para que se poña en marcha a Comisión de avaliación e seguimento da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia

Continue reading