Skip to content

Celso Delgado denuncia que, pese ás reiteradas protestas, persiste o inxustificado bloqueo de PSOE e Podemos-Galicia en Común á tramitación da Proposición de Lei de transferencia da AP-9

Transcorreron quince prórrogas desde o inicio do prazo de presentación de emendas ao articulado, a pesar de acordarse o procedemento de urxencia

O deputado ourensán do Grupo Parlamentario Popular, Celso Delgado, denuncia que persiste o enorme abuso que está a cometer PSOE e Podemos-Galicia en Común na Mesa do Congreso ao paralizar a tramitación parlamentaria da Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia, unha vía estratéxica na Comunidade que vertebra o 60% da poboación.

 

Segundo aseverou, esta transferencia permitiría unha xestión máis pegada ao territorio, velar con máis eficacia pola calidade do servizo e ofrecer unha resposta áxil e directa ás necesidades dos usuarios.

 

Máis polo miúdo, explicou que o martes 8 de xuño a Mesa do Congreso, presidida por  Meritxel  Batet e “na que ten absoluto control o PSOE de Pedro Sánchez e Podemos-Galicia en Común da vicepresidente Yolanda Díaz”, acordaron unha nova prórroga a pesar da oposición dos dous representantes populares, o que fai xa a número quince. “Isto ocorre a pesar das denuncias públicas que fixemos o pasado sete e vinte e un de maio e que recolleron os medios de comunicación”, engadiu Delgado.

 

O deputado lembrou que o pasado 2 de febreiro tivo lugar no Pleno da Cámara Baixa o debate de toma en consideración da Proposición de Lei e o día 12, tras superar o trámite anterior, acordouse encomendar o Ditame sobre a mesma á Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, así como dispoñer a súa tramitación polo procedemento de urxencia e abrir un primeiro prazo de oito días hábiles -que expiraba o 24 daquel mes- para que os deputados e os grupos parlamentarios puidesen presentar emendas ao articulado.

 

Con todo, como remarcou Delgado, desde aquela data a Mesa do Congreso xa acordou quince prórrogas, das que trece foron aprobadas coa oposición rotunda dos dous deputados do PP que a integran -Ana Pastor e Adolfo Suárez- e que insistiron en cada reunión que o prazo debería concluír.

 

“É inxustificable que unha iniciativa cuxa toma en consideración foi aprobada por unha ampla maioría de 287 deputados e cuxa tramitación se dispuxo que fose polo procedemento de urxencia se atope deliberadamente bloqueada polos partidos que teñen o control da Mesa, o PSOE de Pedro Sánchez e Podemos-Galicia en Común da vicepresidente Yolanda Díaz”, incidiu.

 

“Temémonos que estas forzas políticas que integran o Executivo central pretendan, con estas inexplicables prórrogas de prazos, que esta Proposición de Lei non chegue a tramitarse, que non poida mellorarse con emendas e finalmente a aprobarse, algo que desde o Grupo Parlamentario Popular non imos consentir”, declarou.

 

PREZOS DAS PEAXES

Ademais, o deputado recordou que o Goberno de España anunciou no mes de outubro de 2020 unha serie de bonificacións na AP-9 que, estando en xuño de 2021, aínda non teñen data prevista de implantación.

 

“Estamos preocupados porque o  Ministerio de Transportes xa avanzou que probablemente incumprirá o seu propio compromiso de implantar esas bonificacións en xullo, o que é unha mostra preocupante da falta de rigor coa que o Goberno de España está a abordar este asunto prioritario para os galegos. Mentres iso non suceda, os galegos seguirán a sufrir o agravio de circular cunha das autoestradas coas tarifas máis caras de España”, manifestou.

 

Delgado afirmou que desde o Congreso manterán una postura de exixencia para que se cumpra o compromiso asumido polo MITMA  e defendendo a posición da  Xunta en canto a esta autoestrada, que presentou ao Ministerio unha proposta para a rebaixa de peaxes.

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia o plan de Pedro Sánchez para desmantelar á Garda Civil no rural e a falta de efectivos: “Cada día faltan 1.000 axentes en Galicia”
O Partido Popular de Galicia denuncia o plan que está poñendo en marcha o Goberno central para desmantelar os cuarteis da Garda Civil no rural –mediante a redución de horarios
O Grupo Popular solicitará o debate para a súa aprobación no vindeiro Pleno da nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a inclusión no vindeiro Pleno do debate para a súa aprobación da nova Lei de promoción dos beneficios sociais
Paula Prado augura unha lexislatura protagonizada polo “Estilo Galicia” que caracteriza ao Goberno de Rueda: “Estabilidade, rigor, xestión e cumprimento da palabra dada”
O PPdeG, logo da comparecencia do presidente Alfonso Rueda esta semana no Parlamento, considera que quedou claro que esta lexislatura estará protagonizada polo “Estilo Galicia” baseado na estabilidade e o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies