Skip to content

Declaración do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, Día Internacional da Muller

8 de marzo de 2023. Como cada 8 de marzo, o Partido Popular de Galicia súmase á celebración do Día Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar os logros en materia de igualdade en todas as esferas da sociedade.

O 8 de marzo é un día para felicitarnos polos avances conseguidos e para agradecer os esforzos e sacrificios para logralos, pero tamén para ser conscientes do camiño aínda por percorrer en aras da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres na nosa sociedade.

Desde as máis soadas manifestacións —como as de 1857 e 1908 para reclamar os dereitos laborais das mulleres— aos movementos sufraxistas para conseguir o voto —que en España capitaneou Clara Campoamor para lograr o voto feminino en 1931 pese ao rexeitamento da esquerda de entón—, os avances por lograr a igualdade de dereitos e de oportunidades das mulleres ofreceron éxitos notables, pero tamén retrocesos alarmantes nestes máis de cen anos.

Sen dúbida, a chegada da democracia a España trouxo o período de maiores avances en materia de igualdade da nosa historia, pero lamentablemente este último ano temos pouco que celebrar. Tras máis de 40 anos de pasos adiante, a entrada en vigor da denominada Lei do só si é si, impulsada e aprobada polo Goberno de PSOE e Podemos e apoiada polo BNG, supuxo o maior atraso nos dereitos e a protección das mulleres en décadas.

Para facer balance, hai que mirar máis aos feitos que ás palabras; máis á realidade que á propaganda. Por iso, o impacto desas políticas debe avaliarse mediante indicadores obxectivos e medibles que permitan cuantificar as desigualdades e discriminacións para erradicalas. E a realidade é que máis de 700 delincuentes sexuais —máis de medio cento en Galicia— viron rebaixadas as súas penas e máis de 70 foron postos en liberdade.

Debemos denunciar que, como consecuencia das decisións tomadas por este Goberno, a igualdade entre mulleres e homes deu un enorme paso atrás. Por iso, desde o Partido Popular de Galicia, este 8 de marzo queremos poñer de manifesto:

  • Esiximos ao Goberno de España, e a Pedro Sánchez como máximo responsable, que pida perdón ás mulleres e á sociedade española polas consecuencias negativas da aprobación da súa Lei do só si é si; unha lesiva norma que supuxo o maior retroceso da democracia na protección e seguridade das vítimas de agresións sexuais, e que revitimizou ás mulleres ás que dicía querer defender. É unha pésima lei pola que ninguén asumiu aínda responsabilidade algunha.

 

  • Esiximos ao Goberno de España e ao presidente Pedro Sánchez que explique á sociedade española e galega como vai protexer a esas mulleres, nenas e nenos, que están en perigo porque os seus agresores viron reducida a súa condena ou foron excarcerados en aplicación da súa mala lei, elaborada con tanta soberbia como impericia. Queremos saber que medidas van establecer para devolverlles, a elas e á sociedade no seu conxunto, a confianza no sistema, hoxe irremediablemente danada.

 

  • Reclamamos ao Goberno de España e ao presidente Pedro Sánchez que explique ás mulleres, ás nenas e ao conxunto da sociedade española por que, tras o fracaso da súa Lei do só si é si, non freou a aínda máis lesiva Lei trans, elaborada tamén desde a insolvencia intelectual e incompetencia xurídica dun ensoberbecido equipo do Ministerio de Igualdade, coa anuencia de todo o Consello de Ministros.

 

  • Manifestamos a nosa máis profunda preocupación polas consecuencias negativas que a Lei trans terá para as mulleres en todos os ámbitos da súa vida: invisibilízaas, prívaas dos seus espazos de protección, perverte a loita feminista e pon en perigo os logros obtidos en todos estes anos en materia de igualdade.

 

  • Do mesmo xeito que coa Lei do só si é si, o Goberno e os seus socios aprobaron esta Lei trans sen a necesaria interlocución cos profesionais e axentes expertos na materia, desprezando a experiencia doutros países da nosa contorna, sen diálogo nin procura de consenso cos grupos parlamentarios e dando as costas ao Movemento Feminista que denuncia as súas perigosas consecuencias, especialmente negativas e irreversibles na infancia e a adolescencia.

 

  • Pedimos tamén ao Goberno de España e á ministra de Igualdade que explique por que non se está cumprindo o financiamento recollido no Pacto de Estado destinada a reforzar os ministerios de Xustiza, Educación, Sanidade e Interior en materia de violencia de xénero. O Pacto de Estado é unha ferramenta eficaz e consensuada para combater a violencia de xénero, polo que debe ser cumprido na súa totalidade.

 

  • Esiximos ao Goberno de España e á ministra de Emprego que explique por que a brecha laboral segue incrementándose: a peche do ano 2022 a taxa de paro das mulleres en España é 3,3 puntos porcentuais superior á dos homes.

 

  • E lembramos que corresponde aos poderes públicos preservar, protexer e defender os dereitos conseguidos polas mulleres durante os últimos máis de cen anos, que son logros da sociedade española no seu conxunto.

Como fixemos sempre, no Partido Popular de Galicia traballamos pola igualdade real entre mulleres e homes. Queremos construír e consolidar unha sociedade na que se produzan avances na conciliación e a corresponsabilidade, que acurte a brecha social e salarial aínda existente, e que impulse de maneira eficaz o protagonismo imprescindible da muller en todas as esferas da vida na nosa sociedade.

Convén non esquecer que a primeira presidenta do Congreso, a primeira presidenta do Senado e a primeira Defensora do Pobo foron mulleres do Partido Popular e hoxe no Parlamento de Galicia somos 21 deputadas —o 50% do grupo parlamentario— e 5 conselleiras de 11 membros no Consello da Xunta. Non aceptaremos leccións en materia de igualdade e de feminismo daqueles que impulsaron, aprobaron e defenderon unha lei que beneficiou a centos de delincuentes sexuais.

Rexeitamos o sectarismo e os descualificativos de trazo groso a todos os que ousamos discrepar de decisións políticas que, en realidade e tal como mostran os datos, encamíñanse cara á silenciosa eliminación dos dereitos polos que as mulleres e toda a sociedade viñeron loitando desde hai máis dun século.

Desde o Partido Popular de Galicia defendemos continuar co diálogo e o acordo que tanto axudaron a avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades da muller e que na nosa Comunidade quedou plasmada coa aprobación por unanimidade de normas como a Lei 12/2016 para a inclusión como forma de violencia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual ou a Lei 15/2021 que incorpora a violencia dixital. Defendemos a liberdade das mulleres para decidir a vida que queren vivir, sen que ninguén se erixa nin no seu portavoz nin no seu intérprete; e menos que ninguén un Goberno de España que as utiliza ignorando as súas advertencias.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos pide ao BNG que “abandonen a súa nefasta idea de que Galicia teña un cupo”, logo do informe publicado onte polo Foro Económico
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, pediu hoxe ao BNG que “deixen de facerlle o caldo gordo aos seus aliados independentistas cataláns e abandonen a súa idea nefasta de
Alberto Pazos asegura que o Grupo Popular porá “todo o que estea na nosa man para facilitar e axilizar” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Xunta
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “imos facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man” a celebración da Comisión de Investigación sobre a
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que vele pola existencia de postos de control autorizados para animais en todos os portos de saída de gando cara terceiros países
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio dos deputados do PSdeG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies