Iniciativa sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Ministerio do Interior da articulación dun concurso de méritos na Policía nacional para cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita
O Corpo Nacional de Policía é unha peza clave do noso Estado de Dereito, prestando un servizo público que proporciona seguridade, contribuíndo ao benestar e á calidade de vida das persoas. O seu papel resulta decisivo ao ter asignadas como principais funcións, entre outras moitas, o coidado do libre exercicio dos dereitos cidadáns, o mantemento da orde pública, a protección de bens e servizos, a persecución do delito, a colaboración coa Xustiza para o cumprimento da lei ou os labores de cooperación e coordinación con outras institucións e entidades públicas para garantir a protección civil en todo tipo de situacións onde se poida ver comprometida a seguridade da poboación.
Tendo en conta a súa transcendencia, resulta prioritario prestarlle unha atención especial para garantir a súa presenza, así como a súa maior inmediatez e eficacia no desenvolvemento das súas funcións.
Ese foi o motivo polo que, ao longo dos case dous séculos da súa historia, o Corpo Nacional de Policía foi adaptando a súa estrutura organizativa e territorial, para tratar de satisfacer as necesidades do conxunto de España. Oeste xeito, a Comunidade galega conta hoxe, ademais da Xefatura Superior de Policía de Galicia e dunha unidade específica adscrita á Xunta de Galicia, cunha extensa rede de comisarías e dependencias da Policía Nacional radicadas nas capitais de
provincia, en grandes cidades e nalgunha cabeceira de comarca, atendendo ás necesidades do servizo e ás demandas da poboación. Segundo os datos da Dirección Xeral da Policía, dependente do Ministerio do Interior, o Carpo Nacional de Policía atende directamente en Galicia a unha poboación de 1.184.000 habitantes, radicados no contorno das áreas urbanas, o que representa arredor dun
43,33% da poboación galega.
Pero o despregue territorial de comisarías e dependencias policiais na actualidade non vai acompañado da dotación de efectivos que serían necesarios para unha correcta prestación dos servizos. As carencias de persoal afectan a todas as
, comisaría galegas e mesmo a unidade adscrita á Xunta de Galicia, que viran como as necesidades foron aumentando na última década polo incremento das súas funcións (delitos telemáticos, delitos medioambientais, violencia de xénero e doméstica…), a reducción das prazas convocadas e tamén pala falta de reposición de efectivos.
O pasado 17 de febreiro o DAO ( Dirección Adjunta Operativa) tras confirmar o déficit de persoal, autorizou unha cobertura de mínimos para cada unha das UPAs autonómicas, que en Galicia podería situarse en torno aos 50 efectivos, co obxectivo de igualar a porcentaxe de cobertura das plantillas do CNP en Galicia.Segundo o anuncio feito polo DAO se convocaría un Concurso Específico de Méritos polo que se convocarían as prazas o pasado mes de maio.
Transcurridos 6 meses dende este anuncio seguen sen convocarse nin cubrirse as prazas vacantes, e a unidade de policia adscrita á Xunta de Galicia dispón actualmente de 385 axentes dos 500 contemplados, o que se traduce nun 78% da plantilla retrocedendo aUPA a niveis de efectivos do ano 2003 a pesar de ter hoxe máis competencias e funcións que hai 14 anos.
O Secretario de Estado de Seguridad, Rafael Pérez, veu a Santiago de Compostela o pasado 28 de abril a presentar un Plan de Prevención e Seguridade para o tránsito de peregrinos no Camiño de Santiago acompañado do Delegado do Goberno en Galicia José Miñones, visita que se quedou, unha vez máis, nun mero anuncio do goberno de España pero que non se materializou na dotación de máis efectivos para a Unidade de Policía Adscrita encargada de velar pola seguridade no Camiño de Santiago, xa que unha das competencias que ten asignada aUPA é a seguridade e vixiancia do Camiño de Santiago, e en pleno Ano Santo 2021-22 non parece razoable que unha unidade que ten tanta importancia na atención e seguridade do peregrino teña mermados os seus efectivos en mínimos históricos.
Á vista desta situación, que en maior ou menor medida afecta a todo o territorio e a propia Unidade Adscrita á Comunidade Autónoma con repercusión no desempeño das súas funcións e polo tanto cunha repercusión negativa para o conxunto da cidadania.
Por todo o exposto, os deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular presentan a seguinte proposición non de lei en pleno:
“O Parlamento de Galicia Insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España: Que por parte do Ministerio do Interior a través da Dirección General da Policía se
articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando”.
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-002145