Skip to content

Diario dun case escéptico. CANDO O EMBRAGUE PATINA

Pedro Puy

Nunha costa moi pina pódese caer na tentación de reter o coche acelerando e á vez embragando coa marcha posta. A intención é boa, evitar que o coche vaia para atrás ou cale. Pero a idea é mala. Ao patinar o embrague, a temperatura das pezas que friccionan dispárase, empeza a xurdir un característico cheiro a xofre, e o mecanismo acaba por queimarse. Porque cada mecanismo ten a súa función. O embrague para cambiar de marcha, e o freo para parar. Usalos para o que non están concibidos adoita escarallalos.

A boa marcha dunha democracia parlamentaria depende da engranaxe correcta das súas pezas. As cámaras lexislativas debaten e aproban as leis, e o Goberno dirixe á administración respectándoas. O Goberno presenta os orzamentos e o parlamento debate e aproba anualmente os impostos que pode recadar e os límites aos gastos concretos que o Executivo pode realizar. O Executivo, que dirixe a acción política do Estado, prepara proxectos de lei, preséntaos á Cámara, que os debate, emenda, e no seu caso aproba. Esta semana, o pasado mércores 30 de setembro, esgotouse o prazo que a Constitución estabelece para a presentación polo Goberno dos orzamentos do Estado. Por cuarto ano consecutivo, e pese as promesas do novo ministro do ramo, esta previsión non se cumpriu.

Para superar esa costa, o Goberno acelera os anuncios, pero embraga as propostas. O coche non cae, pero tampouco avanza, co que imos camiño de rematar a lexislatura sin un só debate presupostario, e sen que a comisión parlamentaria correspondente nin sequera se convocase unha vez, aínda que só fose para informar das sucesivas modificacións e execucións dos orzamentos desde o 2023. Nas últimas décadas, en cada lexislatura se aprobaron entre 130 e 200 leis, á instancia do Goberno de quenda. Desde o 2023 foron só 21 os proxectos de lei aprobados, que contrastan cos 58 reais decretos lei pasados, normas de rango legal que elabora o Goberno, que entran directamente en vigor coa súa publicación, e que posteriormente o Congreso debe convalidar (ou rexeitar) sen posibilidade de emenda ou cambio algún (salvo que nos meses posteriores a Cámara os tramite como proxectos de lei).

Dos 58 reais decretos lei aprobados polo Executivo, 43 foron convalidados polo Congreso, dous seguen en tramitación, e 13 foron rexeitados. Os dous últimos este mesmo venres, 104 páxinas de BOE que o Goberno elaborou entre fortes debates internos en dous ou tres días, e levou á Cámara para a súa convalidación apenas 48 horas despois da pechalos. Foron rexeitados.

Non resulta esaxerado afirmar que o Executivo suplanta na súa función lexislativa ao Parlamento, porque os reais decretos lei ou os aceptas enteiros, ou os rexeitas integramente. O Parlamento non ten capacidade de negociación, emenda ou debate lexislativo serio. Non levar os orzamentos ao Congreso, recorrendo ás modificacións orzamentarias, nin lexislar polos trámites ordinarios, recorrendo a reais decretos lei que ademais non se aproban, é como acelerar moito pero sen avanzar. O embrague patina, e esta semana quentouse tanto que deixou en San Jerónimo un cheiro característico. Non a xofre, pero igual de intenso. Un aroma a disolución das Cortes e convocatoria electoral. Sería conveniente, antes de que a temperatura suba máis e o conxunto do mecanismo acabe estragado.

Noticias recomendadas

O PPdeG censura que o Goberno de Sánchez evite dar explicacións sobre as continuas incidencias na rede ferroviaria en Galicia
Os deputados galegos do PP no Congreso censuran que o Goberno de Pedro Sánchez evite dar explicacións sobre as continuas incidencias na rede ferroviaria en Galicia e que non asuman
O PPdeG destaca as axudas da Xunta de máis de 500.000 € a seis concellos de Lugo para obras de eficiencia enerxética en infraestruturas municipais
Os deputados do Grupo Popular no Parlamento de Galicia Nicole Grueira e Enrique Barreiro destacaron os 585.000 euros que o Goberno galego dirixe a seis concellos da provincia para acometer
Paula Prado reivindica a unidade e o futuro do PP de Santiago fronte a un goberno do BNG “esgotado” que en dous anos “só empeorou a capital de Galicia”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, cualifica ao presidente do PP de Santiago e candidato á Alcaldía, Borja Verea, como “a única alternativa posible” para gobernar na capital de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies