Skip to content

Encarna Amigo confirma que o Servizo de Radioloxía do Hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria e a atención continuada

Santiago, 24 de xuño de 2021.- A voceira de Sanidade do Grupo Popular de Galicia confirmou hoxe no Parlamento galego que o Servizo de Radioloxía do Hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria e a atención continuada, de tal xeito que os doentes desta comarca nunca tiveron que desprazarse a ningún outro hospital para a realización de probas de diagnose. “A única excepción que se pode dar son as mulleres do plan de cribado do cancro de mama que, despois de facer a mamografía na Mariña e sempre por indicación dos propios sanitarios, precisan unha terceira proba específica e dirixida que debe realizarse especificamente no Hospital de Lugo”, apuntou.

Desta forma tan rotunda, a portavoz popular desmontou “as falsidades” esgrimidas polos socialistas respecto deste asunto nos últimos días, pois asegurou que dende a dirección do centro “tomáronse todas as medidas pertinentes para garantir a prestación deste servizo, que conta na actualidade con 3 radiólogos”.

 

FALTA DE RADIÓLOGOS, NON DESENTENDEMENTO DO SERGAS

 

A plantilla do Servizo de Radioloxía do Hospital da Mariña está integrada por 5 especialistas. O motivo da ausencia dos dous facultativos non é outro que a falta de profesionais. “Non hai radiólogos dispoñibles”, precisou a deputada autonómica. Con todo, dende que se produciron as vacantes, o Sergas ofertou de xeito inmediato as dúas prazas de forma continuada e séguese a ofrecer a todos os residentes que remataron no último ano. Tamén se levou a cabo unha busca activa en todas as frontes posible. Tal é así que, nos últimos dous meses, se desenvolveu unha oferta pública destas dúas prazas para a súa cobertura e interinidade: unha das convocatorias quedou deserta e, a segunda, está na actualidade en fase de resolución. Mentres tanto, “o servizo seguiu funcionando e atendendo aos pacientes, polo que nunca se viu mermado na atención aos doentes”.

 

“O obxectivo da dirección do hospital e da xerencia da Área Sanitaria e do Sergas é cubrir tan pronto sexa posible estas prazas”, incidiu Encarna Amigo. Por iso, o Grupo Popular votou a favor da iniciativa presentada polo Grupo socialista. “O compromiso coa sanidade pública da Xunta de Galicia, tal e como veño de explicar, queda patente, como así se demostra tamén co investimento de 15 millóns de euros para continuar coa reforma do hospital”, apuntou.

 

Concretamente, lembrou a voceira de Sanidade, as fases dúas e tres do plan director inclúe o deseño dun novo edificio, así como a modernización e a reorganización de espazos nas estruturas existentes. O pasado ano rematouse a primeira fase, que incluíu a construción dun edificio novo anexo ao orixinal e alberga diversas consultas externas, ademais do hospital de día, as áreas de Hospitalización e Farmacia, e un aparcadoiro con dúas plantas cun heliporto na súa cuberta. Todo elo, cun orzamento doutros 15 millóns. Tamén se melloraron varios servizos, de tal xeito que hoxe todos os mariñaos con cancro son atendidos no seu hospital por oncólogos especializados en cada enfermidade. “Así evitamos que se despracen os doentes, atendéndoos preto do deu domicilio. O mesmo acontece en Monforte. É dicir, son os médicos os que se moven e non os enfermos”, puntualiza

Noticias recomendadas

Alfonso Rueda: “A receita para que Galicia e Ourense sigan funcionando é a da centralidade, a estabilidade e o sentidiño que representa o Partido Popular”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que na centralidade, na estabilidade e no sentidiño que caracterizan ao Partido Popular está “a receita” para que Galicia e Ourense “sigan
Alberto Pazos traslada a preocupación do pobo saharaui polo “incomprensible bandazo do Goberno de Pedro Sánchez nas relacións de España co Sáhara Occidental”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, trasladou hoxe, logo da viaxe dunha delegación do Parlamento de Galicia ao campo de refuxiados saharauis de Tinduf en Alxeria, a preocupación existente
O Grupo Popular asegura que SOGAMA manterá a media do canon de 2023 aos concellos adscritos
O deputado do Grupo Popular Roberto Rodríguez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que SOGAMA manterá de media o mesmo canon do ano 2023, fixado en 66 euros por
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies