Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, por iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta de Galicia a que consolide as casas niño como ferramenta idónea para lograr que, de aquí a 2020, todos os concellos de Galicia dispoñan de recursos de conciliación.
O Parlamento aproba instar á Xunta para que realice un informe sobre as consecuencias do Brexit en Galicia
Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a que elabore, coa participación do Consello de Acción Exterior de Galicia, un informe sobre os posibles impactos do Brexit na economía galega e nos seus sectores produtivos”.
O GPP asegura que todo o persoal sanitario de Galicia ganará máis neste ano 2017 que o pasado 20161616
Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe que “todo o persoal sanitario de Galicia ganará máis neste ano 2017 que o pasado 2016”. Así mesmo, avanzou que están previstos concursos de traslados abertos e permanentes, así como a convocatoria do máximo de prazas para o acceso de novo persoal estatutario fixo en primaria e hospitais, en concreto 820 persoas, “unha cifra que se incrementará no caso de desaparecer as limitacións que establece a taxa de reposición en vigor que o Goberno galego xa ten solicitado a súa eliminación”.
O GPP critica a «bipolaridade» do BNG ao pedir hai dous meses derrogar o decreto do plurilingüismo e hoxe demandar o seu cumprimento
Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, César Fernández Gil, criticou hoxe a “bipolaridade argumentativa” do BNG, porque “hai dous meses pedían derrogar o decreto de plurilingüismo e hoxe piden o seu cumprimento”. “Nunca se debe poñer unha lingua nin outro ben cultural ao servizo dunha causa concreta, e aínda menos se falamos de causas políticas, pois lígase o futuro da lingua ao da ideoloxía política á que se asocia”, sinalou.