Santiago, 17 de marzo de 2017.- O Grupo Popular rexistrou esta tarde a súa proposta de Plan de Traballo para a Comisión de investigación das antigas caixas galegas, co obxectivo de rematar os traballos realizados durante a pasada IX lexislatura. Ademais de solicitar á Administración do Parlamento galego a posta a disposición dos membros da Comisión de toda a documentación reunida e as transcricións literais das 46 comparecencias realizadas na anterior lexislatura, o Grupo Popular solicita a incorporación de 10 documentos novos co obxectivo de proceder á elaboración da proposta de ditame da ponencia.
O Parlamento insta á Xunta a avanzar na implantación de medidas de eficiencia enerxética nos edificios administrativos e xudiciais
Santiago, 17 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta de Galicia a continuar avanzando na implantación de medidas de eficiencia enerxética nos edificios administrativos e xudiciais, co fin de reducir o consumo enerxético, minimizar a emisión de gases de efecto invernadoiro e acadar o mellor aproveitamento posible das enerxías renovables, redundando todo elo nunha mellora da sostibilidade ambiental destes inmobles. Ademais, a Xunta deberá remitir ao Parlamento os resultados anuais do sistema de seguimento e avaliación da súa Estratexia de aforro e eficiencia enerxética.
O PPdeG ve nos vindeiros congresos “unha oportunidade de activar o partido e fortalecer os equipos”
Santiago, 17 de marzo de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que avanzou a participación do presidente Alberto Núñez Feijóo nos Congresos autonómicos dos populares andaluces e madrileños, que se celebran esta mesma fin de semana.
O número de galegos nados en Galicia e residentes no exterior reduciuse no último ano en 540 persoas
Santiago, 17 de marzo de 2017.- O número de galegos nados en Galicia e residentes no Exterior reduciuse de 2015 a 2016 en 540 persoas, segundo explicou hoxe Raquel Arias no Parlamento de Galicia.
O Parlamento insta á Xunta a dotar de servizos de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas do rural
Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta á posta en marcha de actuacións que permitan dotar de servizos de banda larga ultrarrápida a aqueles autónomos e empresas illadas situadas no rural que se atopan en situación de desigualdade dixital fronte ás empresas das zonas máis urbanas.
O Grupo Popular apoia fomentar e protexer a competitividade do comercio de proximidade
Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei dirixida a fomentar e protexer, dunha forma eficaz e duradeira, a competitividade do comercio de proximidade e, en especial, dos mercados e prazas de abastos de Galicia, de modo que sexan, non só canles da comercialización dos produtos locais e do país, senón tamén, beneficiarios das iniciativas que se desenvolvan neste sentido.
O Grupo Popular salienta o «compromiso patente» da Xunta co sector do automóbil
Santiago, 16 de marzo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Isabel Novo Fariña salientou hoxe no Parlamento o “compromiso patente da Xunta de Galicia co sector do automóbil, con apoios de máis de 100 millóns de euros nos últimos anos e traballando pola innovación, talento e emprendemento para que sexa máis competitivo”.
O Parlamento demanda o deseño e reforzo da formación específica dos gandeiros que desexen facer recría nas explotacións
Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a deseñar e reforzar a formación específica para os gandeiros e gandeiras, así como o persoal asalariado que desexen facer a recría nas súas explotacións.