Santiago, 7 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda de Portos do Estado unha dotación orzamentaria no plan de investimentos para o ano 2018 e seguintes que garantan a execución inmediata das obras de conexión ferroviaria ao porto exterior de A Coruña.
Seguir leyendo
Aprobado en Comisión o ditame do proxecto de lei de benestar animal, paso previo ao seu debate definitivo en Pleno
Santiago, 7 de setembro de 2017.- A Comisión 2ª do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía, co que este texto lexislativo queda listo para a súa aprobación definitiva en Pleno. O portavoz de Medio Ambiente, Gonzalo Trenor, salientou que se trata da “lei máis ambiciosa e completa do territorio nacional para loitar contra o abandono e o maltrato animal, fomentar a adopción de animais abandonados e concienciar á cidadanía sobre a tenza responsable de animais”.
Seguir leyendo
O Grupo Popular apoia demandar ao Goberno central a urbanización da estrada N-550 no lugar da Ponte en Padrón
Santiago, 7 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a aprobación do proxecto e execución das obras de urbanización da estrada N-550 ao seu paso polo lugar da Ponte en Padrón.
Seguir leyendo
Feliz aniversario, presidente Albor!
Santiago, 7 de setembro 2017.- O PPdeG quere trasladar unha mensaxe de felicitación ao seu presidente de honra, Xerardo Fernández Albor, polo seu aniversario número 100. Para isto, os populares prepararon vídeo (https://youtu.be/Vk-6izKt0cA) que repasa en imaxes a súa traxectoria política e pretende servir como homenaxe ao primeiro presidente da Xunta que tivo o PP en Galicia (Alianza Popular).
Seguir leyendo