Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno de España para que incremente as posibilidades de emprego do superávit por parte dos concellos, dentro dos límites marcados pola Constitución e a normativa europea de estabilidade orzamentaria.
O Grupo Popular apoia solicitar a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal
Santiago, 8 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal, para avanzar na loita contra a corrupción. “Tanto para este Grupo Parlamentario como para o Goberno a corrupción é unha das preocupacións a erradicar, tomar as medidas oportunas e loitar contra esta lacra que prexudica tan negativamente á nosa democracia e á política en xeral”, sinalou a deputada Maribel Novo Fariña.
Pedro Puy afirma que os datos do IPI, as exportacións e o PIB de Galicia “demostran que as cousas van razoablemente ben segundo as pautas do Plan Estratéxico”
Santiago, 8 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou esta mañá no Parlamento que os datos de produción industrial, exportacións ou PIB da Comunidade galega “demostran que as cousas van razoablemente ben seguindo as pautas marcadas no Plan Estratéxico de Galicia”.
Seguir leyendo
Tellado: “Hoxe o PPdeG é o único partido que pode presentarse unido e cun programa propio para cada cidade”
Santiago, 8 de setembro 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que hoxe o PPdeG é o único partido da Comunidade que pode presentarse unido ante os cidadáns e en toda Galicia cun programa de goberno propio para cada cidade á vez que coherente entre todas elas.
Seguir leyendo