O Parlamento solicita ao Goberno central que incremente as posibilidades de emprego do superávit por parte dos concellos

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno de España para que incremente as posibilidades de emprego do superávit por parte dos concellos, dentro dos límites marcados pola Constitución e a normativa europea de estabilidade orzamentaria.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia solicitar a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal

Santiago, 8 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal, para avanzar na loita contra a corrupción. “Tanto para este Grupo Parlamentario como para o Goberno a corrupción é unha das preocupacións a erradicar, tomar as medidas oportunas e loitar contra esta lacra que prexudica tan negativamente á nosa democracia e á política en xeral”, sinalou a deputada Maribel Novo Fariña.

Seguir leyendo