Santiago, 27 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención de todos os grupos da oposición, a través da que se demanda á Xunta que realice un estudo xurídico, en colaboración coas universidades galegas, que analice a posibilidade e mecanismos que, respectando a legalidade vixente, permitan incorporar ao patrimonio público a propiedade das Torres de Meirás, sen que isto implique un novo custo para o pobo de Galicia, que xa o asumiu no ano 1938.
Feijóo di que Ricardo Rio é o mellor candidato para que Braga siga avanzando e para que “os nosos pobos sigan crecendo da man”
Braga, 27 de setembro de 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participu hoxe nun mitin para apoiar ao aspirante á Alcaldía de Braga, Ricardo Rio, ao que cualificou como “o mellor candidato para que Braga siga avanzando”. “Non é só o mellor parceiro dos galegos para que os nosos pobos sigan crecendo da man. É o mellor parceiro dos bracarenses para que a vosa cidade siga sendo un gran espello no que mirarse”, remarcou.
Seguir leyendo
O GPP apoia no Parlamento reclamar ao Goberno central a transferencia das competencias de tráfico e seguridade viaria
Santiago, 27 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda do Goberno central a transferencia das competencias en materia de tráfico e seguridade viaria. “A transferencia destas competencias permitiría, por proximidade e consideración ás nosas condicións particulares, deseñar políticas de tráfico e seguridade viaria mais axeitadas para Galicia”, indicou a deputada popular Julia Rodríguez.
Seguir leyendo
O Parlamento solicita que Xunta e Deputación de A Coruña creen unha mesa do Camiño de Santiago na provincia
Santiago, 27 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que se dirixa á Deputación de A Coruña para a creación da Mesa do Camiño de Santiago na provincia coruñesa, tal como xa foron constituídas nas outras provincias. Esta mesa establecerá logo a súa organización interna, con especial atención ás rutas xacobeas que discorren integramente pola provincia da Coruña: O Camiño Inglés e a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
O Parlamento demanda á Xunta medidas de discriminación positiva nos procesos contratación para os profesionais novos e pequenos estudos de arquitectura
Santiago, 27 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, solicitar aos órganos de contratación da Administración xeral da Comunidade galega e do seu sector público que adopten e poñan en práctica medidas de discriminación positiva nos procesos de contratación que favorezan o acceso ou presencia nas contratacións de proxectos e obra pública dos profesionais novos e novas, así como dos pequenos estudios de arquitectura.
O PPdeG salienta que non houbera un só día sen servizo no rural na implantación da primeira fase do novo plan de transporte
Santiago, 26 de setembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou hoxe que “o verdadeiramente importante da implantación da primeira fase do novo plan de transporte público é que non houbo nin un só día sen servizo no rural, a pesar da renuncia das empresas a case 600 liñas”.
Seguir leyendo
Teresa Egerique:»son os veciños de Cabral, os de Vigo e o Concello quen ten que determinar no novo planeamento urbanístico as superficies comerciais»
Santiago, 26 de setembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique afirmou hoxe no Parlamento que “os veciños de Cabral, os veciños de Vigo e o Concello serán quen determinen no novo planeamento urbanístico municipal as superficies comerciais. Así mesmo, criticou que o BNG “intente suplir a súa falta de representación municipal con iniciativas parlamentarias que van contra a autonomía municipal para desenvolver o seu urbanismo”.
Aurelio Núñez: «A modificación da Lei de saúde sitúa ás persoas no centro do sistema sanitario»
Santiago, 26 de setembro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe que a modificación da Lei de saúde “sitúa ás persoas no centro do sistema sanitario, por diante doutros intereses”. “Pensen algo nos enfermos e menos en facer política de desgaste do Goberno do Partido Popular”, demandou aos grupos da oposición.
O PPdeG salienta que a pesar de rexistrarse 500 incendios forestais máis que no 2016, a superficie afectada é de 9.500 hectáreas menos
Santiago, 26 de setembro de 2017.- O portavoz de Montes do Grupo Popular, Silvestre José Balseiros, salientou hoxe que “a pesar de rexistrarse 500 incendios forestais máis que o pasado ano, a superficie afectada é de 9.500 hectáreas menos”. Deste xeito, Balseiros considerou que “o operativo coordinado pola Xunta é altamente eficaz, conseguindo que o 80 por cento dos lumes queden en simples conatos e non superaron a hectárea de superficie queimada”.