Santiago, 29 de setembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que o DEA estará centrado nas mellora da economía e dos servizos sociais de Galicia. “Sabemos que este Debate do Estado da Autonomía volverá poñer enriba da mesa novas medidas e propostas encamiñadas a mellorar a vida dos nosos veciños”, subliñou.
Seguir leyendo
O Parlamento solicita á Xunta que incorpore as novas tecnoloxías ao proceso de homologación de títulos non universitarios para alumnos estranxeiros
Santiago, 29 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a actualizar e simplificar, coa incorporación das novas tecnoloxías, o proceso de homologación de títulos non universitarios para o alumnado estranxeiro que quere realizar estudos na Comunidade galega.
O Parlamento aproba instar á Xunta que incremente o número de colexios galegos que participan no programa europeo CinED
Santiago, 29 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, a instancias do Grupo Popular, solicitar á Xunta o incremento do número de colexios nas catro provincias galegas aos que vai dirixido o programa de cooperación europeo CinED, a través do que os mozos de entre 6 e 19 anos descobren a riqueza do cine europeo de autor.
O conselleiro de Sanidade confirma que o Hospital de Valdeorras terá máis inversión e máis servizos próximos ao cidadán
Santiago, 27 de setembro de 2017.- O deputado valdeorrés Moisés Blanco Paradelo mantivo unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, quen lle confirmou que o Hospital de Valdeorras terá “máis inversión e máis servizos próximos ao cidadán coa próxima reforma da Lei de Saúde de Galicia”.